jueves, 2 de diciembre de 2010

Davy Spillane

Despois de tantos meses de ausencia, por fin estamos de volta. Nesta viaxe de retorno acompañounos o gaiteiro e frautista irlandés Davy Spillane, que naceu en Dublín en 1951, no seo dunha familia sen tradición musical no que a música irlandesa se refire. Comezou a toca-la Uilleann Pipes (gaita irlandesa) e o tin whistle (frauta irlandesa de afinacións agudas) con doce anos, na escola. O primeiro grupo do que formou parte e do que foi membro fundador xunto cos músicos irlandeses Dónal Lunny e Christy Moore foi Moving Hearts. Despois da desaparición desta banda, Davy Spillane apareceu como músico de sesión en traballos de artistas como Van Morrison, Enya, Elvis Costello ou no disco Voyager de Mike Olfield. Tamén ten experiencia no campo da composición de bandas sonoras, como a da adaptación ao cinema da obra Wuthering Heights, de Emily Brontë. Despois disto, temos a formación da banda coa que gravaría a súa produción musical como solista, cuxos membros son: Davy Spillane: uilleann pipes e whistles. Anthony Drennan: guitarra. James Delaney: teclados. Tony Molloy: baixo. Paul Moran: batería e percusión. Xa para rematar, creo convinte salientar que Davy Spillane se caracteriza por un alto grao de virtuosismo musical, pero sobre todo por obter do seu instrumento un son altamente conmovedor. E, como non, o obrigado video. Espero que desfrutedes coas emocións que esperta esta peza. Ser.

viernes, 18 de junio de 2010

Gracias a la vida...

Gracias a la vida que me ha dado tanto...eu estaba nunha cafetería estudiando historia e de repente, escoitei estos versos de Violeta Parra na radio; e no, non era a voz da recentemente falecida Mercedes Sosa. Agudicei o oído e distinguín a voz da inigualable Laura Pausini xunto con outras como as de Shakira ou Alejandro Sanz. O caso é que esta canción me trae tantos recordos...É bon sentirse en paz coa vida incluso cando mancou tanto. Escoitar esta canción de novo inda que noutros voces, tróuxeme á cabeza a importancia de ser feliz. Pra min non reside non tanto no coñecemento inda que tamén, senón máis no saber disfrutar e parar a recoller os anacos do que nos pasa a miúdo, desapercibido. As ganas de equivocarme marcaron en min o fito de coñecer a ferramenta pra disfrutar. e disfrutar de qué? Pois do que me vai traendo a vida pero maiormente, dos e cós meus. Por iso digo: Grazas á vida que, nos dará sempre tanto. Ange**

domingo, 13 de junio de 2010

Cristina Pato

Ourense, 1980: cidade e ano que viron nacer a Cristina Pato, a gaiteira e pianista galega que lle fixo cambiar a quen escribe estas liñas o seu concepto sobre o que significa subir a un escenario cunha gaita. As súas primeiras intervencións con este instrumento, xa dentro dunha agrupación, hainas que buscar na Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, dentro da cal participou na gravación de seis discos, un deles de solistas; a seguinte etapa da súa viaxe segue por terras ourensás co grupo folk Mutenrohi, no que xa amosaba un estilo de toca-la gaita moi semellante ao que nos ten acostumados hoxe en día, do que veremos unha mostra co inevitable video. Ademais de polo seu traballo como gaiteira, tanto solista como en colaboracións, tamén é recoñecida internacionalmente polo seu traballo como pianista: a súa experiencia con estes dous instrumentos levouna dende a súa Galicia natal ata importantes festivais da Música Celta como son o Interceltique de Lorient ou o Celtic Connections de Glasgow, pasando por Alemaña, Italia, México e a India, entre outros. Un punto que hai que destacar na súa carreira son as colaboracións con músicos da talla de The Chieftains ou o Silk Road Ensemble, unha agrupación que reúne instrumentistas de varios continentes, concretamente no disco "Off the Map" (2009). Como gaiteira solista gravou tres discos: "Tolemia" (1999), "Xilento" (2001) e "Misturados" (2007); no seu disco "The Galician Connection" (2010) combina as súas facetas de gaiteira e pianista. Por outra banda, colaborou como pianista en dúas gravacións: "Songs of Joy and Peace" (2008), do violonchelista francés de pais chineses Yo-Yo Ma, e en "From Russia to Brazil" (2006). Ademais disto, tamén sabe o que é o mundo das bandas sonoras de películas, pois é a compositora e intérprete da música da película "El Hombre de Arena", filme que se estreou no 2007. Por último, deixo aquí un video dunha actuación do grupo Mutenrohi. Espero que vos guste. Ser.

jueves, 13 de mayo de 2010

Desprenderse.

E ti qué levarías na mochila? Aquilo que me fai brillar cando miro, o que sin ser pronunciado se sinte; metería os ollos que me fixeron crer outra vez e tamén un anaco de pan para o camiño. E que deixarías? A parte que foi, o que hai que deixar morrer para volver comezar; sen dramatismos e cerrando ciclos para salir a flote... As escollas ninguén dixo que foran sinxelas pero negar o que é, mustia a alma como o lirio que morreu en terras sombrías porque lle negaches a auga do caudal. E tanto se xa fixeches o petate como se non, é hora de botarse a andar e se cómpre de queimarse.

sábado, 24 de abril de 2010

O que non lle acontecera ao rapaz

Ese son, ese que oía no seu peito, ese era o que debía seguir. Ben o sabía. Xa llo dixeran os vellos que o rondaban que, o trabucarse non era delito grave se era por convicción. Ai, pero de iso non ía o conto...ao rapaz o que lle pasara era ben diferente: roía na codia do pan como o roían dentro del os pensamentos que, nin no sono o deixaban acougar. Deixara correlos días do calendario sen tomar partido cual auga que deixas correr. Ata collera un día direción A Coruña por compracer aos rapaces da vila que, o rapaz nunca gusto nisto vira...A Coruña?, a él o que lle ía era o carretera e manta tan típico a lugares máis exóticos para él como era o seu paraíso perdido, o val de Navia. Saíulle caro ao pobre rapaz da vila seguilos sendeiros do Señor e non os que lle marcaban ben dentro, o peito. Pasar non lle pasara nada malo na vida, poderíamos dicir ao velo que tivera incluso sorte; non lle pasara nada e ao mesmo tempo todo. Ange

jueves, 11 de marzo de 2010

Yevgeny Pliúshchenko

Cambio de disciplina, pero sen deixar de lado a música, como veremos, para ir ata Rusia sobre os patíns sobre xeo de Евгений Викторович Плющенко (Yevgény Víktorovich Plyúshchenko). Naceu en 1982 en Solnechny, na Unión Soviética. Comezou a patinar en Volgogrado cando tiña catro anos, e esa pista pechou cando tiña once, polo que marchou a San Petersburgo para adestrar con Alexey Mishin. En 1997 gañou a súa primeira competición mundial con catorce anos. Nas Olimpíadas de Inverno do 2002, Plyúshchenko e o seu rival e antigo compañeiro de adestramento Alexei Yagudin eran co-favoritos, e o primeiro posto foi para Yagudin por unha caída de Plyúshchenko. No período que vai entre os anos 2002 e 2006, o noso convidado nesta ocasión pasou unha época de luces e sombras, estas últimas no terreo profesional, pois no 2005, no Campionato do Mundo en Moscú, viuse obrigado a retirarse despois de executa-lo programa curto debido a unha lesión, co que xa non puido participar na final; tamén tivo algunha sombra no terreo persoal, pois neste mesmo ano casou con Maria Ermak, coa que tivo un fillo, pero divorciáronse tres anos despois. No ano seguinte foi campión olímpico en Turín amosando unha clara superioridade, pero despois disto virían dous anos alonxado da competición. No 2007, os resultados de Rusia no Campionato Mundial foron os peores dende 1960, polo que, segundo se di na súa páxina oficial, Plyúshchenko, preocupado porque Rusia perdese o seu predominio, anunciou a súa intención de volver participar na tempada 2007-2008, para mante-lo nivel competitivo de Rusia ata que a nova xeración de patinadores tomase o relevo, pero este retorno non se produciu. No 2009 casou por segunda vez coa produtora musical Yana Rudkovskaya, coa que traballa o cantante ruso Dima Bilan, co que Plyúshchenko colaborou cunha coreografía no Festival de Eurovisión celebrado no 2008, xunto co violinista húngaro Edvin Marton e o seu violín fabricado por Antonio Stradivari (Stradivarius é forma latinizada) ou por algún membro da súa familia, en 1697; Edvin Marton ten composto pezas para as coreografías do patinador. Na súa participación na Rostelecom Cup en Outubro deste ano 2009 e nos Campionatos de Rusia e de Europa do ano no que estamos, Plyúshchenko obtivo unhas vitorias nas que deixou bastante atrás o resto de patinadores, despois de prepararse a conciencia despois da súa lesión. Nesta disciplina, a música ten un papel moi importante nas coreografías dos patinadores, e a selección das obras pode chegar a ser incriblemente variada, do que imos achegar uns poucos exemplos das pezas para as que preparou coreografías, entre as que están: Tosca de Puccini, Tango Flamenco, de Paco de Lucía, algunhas cancións de Michael Jackson, entre outras moitas. Xa para rematar, quérovos deixar aquí o video da súa coreografía do "Concierto de Aranjuez", de Joaquín Rodrigo. Que a desfrutedes. Ser.

jueves, 4 de marzo de 2010

Luar na Lubre

Hoxe voltamos a A Coruña, concretamente ao ano 1986, para asistir á fundación do grupo folk Luar na Lubre. A súa proposta musical, centrada, como din eles mesmos, no predominio da cultura galega, aínda que tamén inclúen influencias que fagan mellora-lo proxecto sen afastalo do seu propósito orixinal. Malia que xa gravaran dous traballos en 1988 e 1990 respectivamente, o pulo do seu proxecto veu cando coñeceron a Mike Olfield en 1992 nun concerto en A Coruña, e desta colaboración xurdiu, posteriormente, a versión que o músico británico fixo de "O son do ar" e, en 1999, Mike Olfield convidounos a participar na xira que estaba facendo, co que se confirmaron como grupo revelación. Aínda que o centro do seu proxecto musical é Galicia, outras músicas atopan oco nel, como é o caso da irlandesa, bretona, escocesa e portuguesa. En canto aos seus compoñentes, daremos unha breve descrición, limitándonos, cunha excepción, aos instrumentos que toca cada un, pois non atopei información sobre a súa formación: Bieito Romero: gaitas, acordeón e zanfoña. Xulio Varela: bouzouki, voz e percusións. Eduardo Coma: violín. Patxi Bermúdez: bodhran, tambor e djimbek. Pedro Valero: guitarra acústica. Xavier Ferreiro: percusións latinas e efectos. Xan Cerqueiro: frautas. Sara Louraço Vidal: voz. A cantante lisboeta incorporouse ao grupo no 2005, despois da marcha de Rosa Cedrón. A súa primeira cantante foi Ana Espinosa. Discografía: O Son do Ar (1988). Beira Atlántica (1990). Ara Solis (1993). Plenilunio (1997). Cabo do Mundo (1999). XV Aniversario (2001). Espiral (2002). Hai un paraíso (2004). Saudade (2005). Camiños da fin da terra (2007). Ao Vivo (2009). Para rematar, a inevitable canción, neste caso en forma de video, co tema "Memoria da Noite", do seu disco Hai un paraíso (2004). Espero que vos guste. Ser.

jueves, 25 de febrero de 2010

Poetisas e maquillaxe.

Sempre vin difícil chegar a obter un termo medio ou equilabrado nas miñas emocións que xorden a miúdo como lume que arde no meu interior; mais para iso están os recursos que me socorren. Vexo nas pasións persoais de cada quen un motivo enriquecedor a nivel persoal e un incentivo para medrar; reconozo que disfruto moitísimo cando nas conversas cos meus, intercambiamos gustos tan dispares e de feito, este é un principio fundamental deste blog: somos xente con pasións ben diferentes e diversas e moitos de nós, incluso amigos. Aprender de alguén é un regalo a nivel persoal, que só che pode dar unha boa amizade. Eu neste punto gosto de compaxinar frivolidade con emoción; sentirse ben por dentro é algo que irradia no exterior; emprego a maquillaxe e toda a cosmética que me apeteza levar. Non todo é tan vanal como se poida xuzgar nunha primeira ollada. Outro recurso que me enche por dentro é a poesía ou a música. Unha mostra de aproximación sería o seguinte poema de Safo, poetisa de Lesbos que cultiva a poesía lírica eolia xunto a Alceo; escollo un poema de ela por crela creadora dunha obra atemporal: "Inmortal Afrodita, la de trono pintado, hija de Zeus, tejedora de engaños, te lo ruego: no a mí, no me sometas a penas ni angustias el ánimo, diosa. Pero acude acá, si alguna vez en otro tiempo, al escuchar de lejos de mi voz la llamada, la has atendido y, dejando la áurea morada paterna, viniste, tras aprestar tu carro. Te conducían lindos tus veloces gorriones sobre la tierra oscura. Batiendo en raudo ritmo sus alas desde el cielo cruzaron el éter, y al instante llegaron. Y tú, oh feliz diosa, mostrando tu sonrisa en el rostro inmortal, me preguntabas qué de nuevo sufría y a qué de nuevo te invocaba, y qué con tanto empeño conseguir deseaba en mi alocado corazón. "¿A quién, esta vez voy a atraer, oh querida, a tu amor? ¿Quién ahora, ay Safo, te agravia? Pues si ahora te huye, pronto va a perseguirte; si regalos no aceptaba, ahora va a darlos, y si no te quería, en seguida va a amarte, aunque ella resista." Acúdeme también ahora, y líbrame ya de mis terribles congojas, cúmpleme que logre cuanto mi ánimo ansía, y sé en esta guerra tú misma mi aliada. Safo (600 a. C.) Ange*Ç

lunes, 15 de febrero de 2010

Cherish the Ladies

Hoxe imos percorrer un camiño que nos vai ter indo e vindo dende EE.UU. a Irlanda, debido á procedencia das persoas que forman Cherish the Ladies. Este nome, tomado dunha xiga tradicional irlandesa, é moi axeitado para bautiza-la banda, pois está formada por seis mulleres. Os comezos da banda sitúanse en 1985 en New York, onde foron organizadas polo folclorista e músico irlandés Mick Moloney. Nestes anos comezaron facendo ciclos de concertos. Despois elas mesmas establéceronse como músicos e intérpretes, e foi neste momento cando gañaron moitos oíntes. Conseguiron recoñecemento por se-lo único grupo tradicional irlandés integramente feminino nunha escena dominada por grupos masculinos, segundo o propio Mick Moloney. Vexamos agora un breve detalle sobre a biografía de cada unha das súas compoñentes e dos instrumentos que tocan: I) Joanie Madden: frauta, whistles e voz: naceu no Bronx, en New York, pero os seus pais son irlandeses e ámbolos dous se dedican á música, pois súa nai é bailarina de danzas tradicionais e o pai acordeonista. Ademais do seu traballo como instrumentista e cantante, tamén é compositora e gravou tres discos en solitario. II) Mary Coogan: guitarra, banjo e mandolina: neoiorquina como Joanie Madden e procedente dunha familia de músicos, Mary Coogan é unhas das fundadoras deste grupo. Cando contaba poucos anos, comezou a tocar porque escoitaba varios tipos de música acústica. III) Roisín Dillon: fiddle: naceu e criouse en Belfast (Irlanda do Norte), pero trasladouse a EE. UU. Seu pai aprendeulle a toca-lo whistle con once anos pero, a partir dos quince anos, dedícase exclusivamente ao fiddle. IV) Michelle Burke: voz: criouse no pobo de Ballynoe, nun fogar de músicos onde as baladas irlandesas e as cancións folk eran un membro máis da familia. Cando foi maior dabondo, comezou a cantar na banda de seu pai, que tocaba en vodas, bailes e festas. V) Mirella Murray: acordeón piano: criouse en Claddaghduff, preto de Clifden, no oeste de Irlanda do Sur. Mary Finn foi quen lle ensinou a toca-lo acordeón piano. Aprendeu moito de Liz Kane, que toca o fiddle, durante unha serie de competicións. Posteriormente, os dous gañaron o primeiro premio de duetos de Irlanda en 1995. VI) Kathleen Boyle: piano: a única compoñente do grupo que naceu en Escocia, concretamente en Glasgow. O seu amor pola música procede de seu pai, que tamén é un músico de talento. Ademais do piano, Kathleen Boyle toca tamén o acordeón. En canto á súa música, os seus doce discos caracterízanse por conter tanto temas instrumentais como cancións. Por último, a acostumbrada recomendación dunha peza do grupo, que se titula "The Anascul Polka": http://www.youtube.com/watch?v=aZAPKEEyGi8 Espero que vos guste. Ser.

sábado, 13 de febrero de 2010

Colores Pastel.

Estos días temos por lugo un frío destes q tanto me gusta combatir con mil capas de roupa; combatir é traballo en van non obstante, cando inciden en nós esas raiolas de sol q tanto se agradecen, que semellan irradiar sorrisos plenos. Todo é cuestión de perspectiva pero velo todo iluminado sempre facilita dar os pequenos saltos diarios, sen necesidade de combatilos. A vida segue tendo para min, esa capacidade de sorprender que só vexo cando me deixo levar... Ange.

jueves, 28 de enero de 2010

O Ego

A quen se lle poden negar as sombras? o noso dereito a non ser perfectos, debe estar aí; benvidos aqueles que logran o sublime nelgún eido da súa vida mais non todos aspiramos a tal cousa. Nin a comprensión de ninguén, nin a aprobación de "todo o mundo", nin o amor universal, tan só o respeto. E defínome como conservadora se iso leva a fomentar o amor dos meus; que son poucos e tampouco quero máis. Importantes como a auga son os que non me alagan, os que tan só nos espertan unha sonrisa cada mañá.
E quizáis porque me levantei co pé esquerdo esta mañá ou porque fai tempo que o tiña dentro e medrou, non o sei, o certo é que hoxe me sinto crítica coa crítica; velaquí un reflexo ben doado de atopar e ben sei que o contra ataque non leva a nada novo que non sexa frustración pero, a rebeldía e a contradicción, están en min.
Qué axiña xuzgamos a frivolidade, non é? Pero eu sempre dixen que hai vidas e vidas, momentos e momentos e non me nego a seguir repetíndoo. Alguén habrá que todo o tome con lixeireza por non poder afrontalo e iso, ten máis de profundo que a moita seriedade da que se afanan algúns. Convencida de que tras un burdel sempre hai unha historia da que podemos aprender, reivindico o dereito a frivolizar a vida cando nos sirva de vía de escape; sei que non todos poderán ler esto sen que lles semelle pura apariencia pero tamén esta é necesaria..ou non ?
Eu máis que xuzgalo quero abrilo a debate, por moi criticona que me espertase esta mañá...

domingo, 10 de enero de 2010

O 201O NEVADO.

O ano comeza con obxetivos polos que loitar de sobra e sobre os que poderiamos falar, tendo estas fotos de fondo. Non son miñas, fixoas un amigo meu, ao que lle apaixona a fotografía e do que aprendín a observar a natureza doutra maneira. Amante da paisaxe galega en todas as súas facetas e cores, amigo de falar tras haberte escoitado e loitador polos cambios a mellor, vaia por él toda a miña admiración, pois non todo o mundo é capaz de rectificar nos anos finais do trayecto da vida. Él si é capaz de seguir renovándose e de dar renda solta ao pracer de vivir. Ange.

martes, 5 de enero de 2010

Adios 2009¡¡¡¡

Pincha en las fotos para verlas en grande¡¡¡¡¡¡ El 2009 ha sido para mi un buen año, y me ha dejado momentazos que recordaré para toda la vida, experiencias muy enriquecedoras y bonitas, os dejo algunas fotos de esos momentos.
El primer gran recuerdo es un viaje a Italia con Marta en el que visitamos Milán, Genova, Florencia, Venecia, en el mes de Febrero. Sobre todo Venecia, en la que ya había estado me volvió a impresionar más que nunca. Lo pasamos genial Marta y yo, viajando sobre todo en tren.
Las amistades nunca pasan, los auténticos amigos perduran aunque la distancia sea lejana, aunque no se haya tenido contacto, y recuperar la actividad de amistad con mi amigo Pablo ha sido algo destacable de este 2009. El ahora está en León, por suerte el contacto puede ser más cercano y frecuente ahora. Foto del MUSAC.
Otra de las activiades que marcaron el 2009 fue, la presentación de mi disco tanto en A Coruña como en Lugo. En Lugo en el Círculo de las Artes, un lugar increible para tocar, tanto por su situación como por lo que representa para mí. Mi actividad musical en la Banda de Municipal de Música de Lugo, tomando parte en la organización de los actos de su 140 aniversario ha sido altamente enriquecedora y es algo de lo que me siento orgulloso. El retorno al folk gracias al ánimo de Marta y empuje de Pablo, junto con la coincidencia en 2008 en el estudio con Ghaita de Pedra, han hecho posible que forme parte de este grupo de Lugo. Me siento como pez en el agua, sin duda la cuna musical de la cual salí se nota... El libro que en este 2009 me ha marcado, como no de Bruno Cardeñosa, descubierto gracias a Marta 2009, al igual que 2008 ha sido un año de viaje y de lecturas, un año también musical, pero sobre todo un año de compartir, de compartir la vida con alguien a quien se ama, Marta, los viajes juntos son maravillosos, como nuestro día a día, y como nó Comillas fue una muestra más de ello. Gracias. Foto desde la Cueva de El Soplao Desde aqui quiero dar un abrazo amistoso y sincero a tod@s los que han ocupado un trocito de este 2009 en mi vida, sinceramente, sin vuestras vidas en la mía, no sería la misma, y el caso es que ahora mismo me siento fenomenalmente bien, con mi vida, conmigo, con mi trabajo y con los que me rodean. A la familia, a Armando, Sergio, Pablo y Sheila, Enrique y Mabel (llamadnos algun día), Francisco (Baleira), Bob Esponja, Paula y Piru, Angel (banda), Ghaita de Pedra y todos los entrevistados por mi este año, gracias por la paciencia y entrega. Un beso a tod@s y un buen 2010 lleno de IMAGINACIÓN¡¡¡¡¡