Seguímo-la nosa ruta polos vastos camiños do folk, e damos o salto de Galicia a Irlanda da man de The Chieftains (os xefes), aínda que, para variar, son unha formación que non ten ningún tipo de problema en interpretar moitos estilos de música, como veremos. Pero primeiro, algo da súa historia, como non: a banda formouse por iniciativa do seu gaiteiro, Paddy Moloney, en 1962. Como esta banda tivo moitos cambios na súa formación, só vou dá-los nomes da formación orixinal e os dos que foron, na miña opinión, os músicos que levaron a banda ó punto máis alto do seu son. Ben, pois a formación inicial foi a seguinte: Paddy Moloney (gaita irlandesa), Martin Fay (fiddle), Michael Tubridy (frauta), Seán Potts (tin whistle) e David Fallon (bodhrán). Pero para min a súa mellor formación foi a seguinte: Paddy Moloney (gaita irlandesa, whistle e outros instrumentos), Seán Keane (fiddle), Derek Bell (arpa), Kevin Coneff (bodhrán e voz) e Matt Molloy (frauta).
Como dicía antes, esta banda non ten ningún reparo en interpretar estilos de música que non teñen nada que ver co folk: por exemplo, en 1990 participaron no concerto que deu Roger Waters (Pink Floyd), dentro do seu espectáculo The Wall, ata atreverse co tango (colaborando con Carlos Núñez), coa música galega (no seu disco "Santiago") ou coa música "country" (no seu disco Down the Old Plank Road).
Como a súa discografía vai dende os anos 60 ata máis alá do 2000, vouvos poñer aquí, para @s interesad@s, o link coa súa enorme producción musical: http://www.thechieftains.com/discography/
Ser.
jueves, 2 de julio de 2009
The Chieftains

miércoles, 1 de julio de 2009
MUSE
Muse es una banda británica de los 90 que encasillan en rock alternativo aunque es relativo dependiendo de cada canción; formada por tres chicos: Belamy (la voz , el compositor , la guitarra , el pianista...) ,Dominic Howard(batera y percusión) y Chris Wolstenholme(bajo , teclados)
Empezaron con dificultades como la mayoría pero ellos toman estas trabas como tema para su primer álbum,SHOWBITZ; aquí ya apuntaban a ser densos y recargados en canciones como Muscle Museum .Siguen con ORIGIN OF SIMMETRY y crecen y toman unas constantes para la banda como los falsettos de la decadente voz de Bellamy , musicalmente no se conforman e innovan con bajo sintetizado, órgano de iglesia a modo de bajo continuo,mil virguerías con la guitarra ; están hechas especialmente para él por el luthier Hugh Manson y además de Manson tiene Fender Stratocaster, Yamaha Pacifica...
El tercer disco,ABSOLUTION, recibe alguna que otra crítica pero la verdad es que siguen renovándose en cada canción; la temática introspectiva es recurrente desde el 2º cd y trata sobre el espacio, la apocalipsis , las conspiraciones porque en cierto modo son minimalistas y también se habla de las excentricidades del líder.En el 2006 no decepcionan con BLACK HOLES AND REVELATIONS , siguen dándole mucha importancia a los riffs , al piano , están influenciados por la musica clásica romántica . A finales del 2009 sacarán nuevo cd y Bellamy dice estar preparando una canción que ha trabajado por tramos desde el comienzo de la banda, habrá que escucharlo pero mientras un directo para verlos en acción .
ange
martes, 30 de junio de 2009
bueno, hoxe tócalle á música dance e as súas diferentes vertentes
e para seguir mostrando o bo produto que hai por estas terraS Galegas,aquí temos a este crack chamado Dj Rivero,comezou a pinchar alá polo ano 1997 no seu curriculo compartiu cabina con djs da altura de Bob Sinclair, David Guetta ou Dj Tiesto, tres dos mellores discjockeys
do Mundo, así mesmo Alberto Rivero no 2007 entra a formar parte de
Asere Música. A finais do ano 2008 empeza a despuntar a nivel internacional tras éxitos como:"tú eres la reina" "siempre" ou máis recentemente con "forever" que foi uns dos bombazos desta temporada,Alberto tamén foi pioneiro en crear un proxecto profesional totalmente feito en Galicia.para acabar o 16 de outubro de 2009
en muimenta Dj Rivero. Un saúdo
domingo, 28 de junio de 2009
WöyZa
Bueno aquí empezo a miña andaina neste blog,graciñas por admitirme como
contribuínte nel.Eu voume dedicar á música Rap e Dance(con algunhas das súas
variedades)
Hoxe no primeiro artículo que subo ó blog vou falar desta artista galega,nada en
Moaña,empeza a súa carreira musical no 2001 da man do Puto Coke con dous temas( "guíame" e "que bonito es") incluídos no disco"piya esto 2",desde aquela fixo colaboracións con distintos artistas como por exemplo LaNuit, no 2006 sale ó mercado o seu maxi "Siénteme", o seguinte ano forma parte do colectivo Licor Café
integrado tamén polo Puto Coke ,AID E 040.
Esta artista pontevedresa tén unha serie de influencias variadas entre as que destaco: Mary J.Blige,Mos Def ou Bob Marley entre outros artistas.No 2008 saca o seu disco"pisando el suelo que ves" o cal se podía descargar gratuitamente na sua web(woyza.es) do cal distribuíu 1500 copias no mes de outubro ,mes no que saíu á venda o seu disco.
Woyza é unha das pioneiras en introducir o soul co estilo e temática do rap en España,dándolle un aire fresco e renovador
a esa mestura de estilos.Para rematar escoitade a súa canción : "tempos de muller". Un saúdo!!!
viernes, 26 de junio de 2009
Adios Michael Jackson
Mi especialidad por la que he sido admitido en este blog está lejos del pop, me dedicaré al hip-hop,trip-hop y a la música contemporánea para percusión; pero hoy es un día triste para mi y creo que para cualquier amante de la música, ha muerto Michael Jackson.
Con 50 años nos ha dejado una huella imborrable en la música de finales del S.XX, un lugar que se ganó a base de esfuerzo perseverancia y sobre todo talento.
En estos momentos no me gustaría entrar en detalles sobre su muerte o su vida, siempre he creido que la muerte es un paso más hacia algún lugar... en vez de llorar su muerte y regocijarnos en las causas, celebremos que M.J nos dió un trozo de su talento, celebremos que pudimos escuchar su música y que pudimos verle bailar.
Hasta siempre Michael Jackson.
jueves, 25 de junio de 2009
Hedningarna
De Galicia marchamos agora ata as frías terras do norte, concretamente a Suecia, onde se funda, en 1987, a banda folk Hedningarna (os pagáns, en finlandés). En orixe, este grupo era completamente sueco, pois os seus tres fundadores (dos que non poño o nome por non poder usar aquí certos signos desta lingua) son deste país, pero posteriormente incorporaron dúas cantantes finesas, Sanna Kurki-Suonio e Tellu Paulasto, coas que Hedningarna alcanzou, na miña opinión, o seu mellor son, tanto en calidade como en potencia.
Aínda que antes dixen que son unha banda folk, isto é unha verdade a medias, pois unha das súas características máis atractivas é a busca constante de innovacións en varios aspectos do seu traballo, pero sen deixar de lado a tradición: dando unha visión xeral, recollen desde a música tradicional de Finlandia, como os cantos de Karelia, que hoxe forma parte de Rusia, e de Laponia, ata algunhas concesións á música electrónica, como se pode escoitar no seu traballo Hippjokk.
Pero o seu mellor traballo, que é un dos discos de maior calidade da música folk cando menos europea, é o disco Trä (madeira, en sueco), no que acadan un son, tanto instrumental como vocal, que non deixa indiferente a ninguén pola súa potencia e variedade sonoras, pois, ademais da cantidade de instrumentos que usan, está cantado en dous idiomas: sueco e finés, ademais dun tema instrumental. Unha das partes da súa formación que explotou neste disco o violinista (como el prefire considerarse, pois en realidade é multiinstrumentista) Anders Stake, foi a súa faceta de luthier, construíndo instrumentos ata con cornos de animais.
En fin, desde aquí vai a miña persoal recomendación dun dos moitos grupos que fan que o grande universo de posibilidades que é a música folk sexa máis grande.
Ser