jueves, 25 de junio de 2009

Hedningarna

De Galicia marchamos agora ata as frías terras do norte, concretamente a Suecia, onde se funda, en 1987, a banda folk Hedningarna (os pagáns, en finlandés). En orixe, este grupo era completamente sueco, pois os seus tres fundadores (dos que non poño o nome por non poder usar aquí certos signos desta lingua) son deste país, pero posteriormente incorporaron dúas cantantes finesas, Sanna Kurki-Suonio e Tellu Paulasto, coas que Hedningarna alcanzou, na miña opinión, o seu mellor son, tanto en calidade como en potencia. Aínda que antes dixen que son unha banda folk, isto é unha verdade a medias, pois unha das súas características máis atractivas é a busca constante de innovacións en varios aspectos do seu traballo, pero sen deixar de lado a tradición: dando unha visión xeral, recollen desde a música tradicional de Finlandia, como os cantos de Karelia, que hoxe forma parte de Rusia, e de Laponia, ata algunhas concesións á música electrónica, como se pode escoitar no seu traballo Hippjokk. Pero o seu mellor traballo, que é un dos discos de maior calidade da música folk cando menos europea, é o disco Trä (madeira, en sueco), no que acadan un son, tanto instrumental como vocal, que non deixa indiferente a ninguén pola súa potencia e variedade sonoras, pois, ademais da cantidade de instrumentos que usan, está cantado en dous idiomas: sueco e finés, ademais dun tema instrumental. Unha das partes da súa formación que explotou neste disco o violinista (como el prefire considerarse, pois en realidade é multiinstrumentista) Anders Stake, foi a súa faceta de luthier, construíndo instrumentos ata con cornos de animais. En fin, desde aquí vai a miña persoal recomendación dun dos moitos grupos que fan que o grande universo de posibilidades que é a música folk sexa máis grande. Ser

7 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

Aún recuerdo cuando los descubrí en radio 3 cuando estudiaba en la Escuela de Artes de Lugo.

Sin duda son buenísimos y me encanta su estilo, en el festival de Ortigueira 2003, no parecía un grupo folk, más bién un grupo heavy folk, a mi personalmente me encantó.

Enhorabuena por esta entrada Sergio.

Sergio dijo...

Coñecín este grupo gracias a ti. A verdade é que esta entrada está pensada como benvida para ti, pois non se me ocorre un grupo máis axeitado.
Saúdos.

Gela dijo...

que ben escoitalos e a canción de Ukkonen máis a de Vargtimmen gustáronme especialmente

bikiños

Sergio dijo...

Alégrome de que che gústasen. A canción de Vargtimmen é moi boa, pero gustaríame recomendarche tamén Tuuli: o canon a dúas voces do final é impresionante.
Bikiños.

Efraím Díaz dijo...

Ese canon es una pasada Sergio, me pone la piel de gallina, de las pocas canciones que lo consigue.

Un saludo.

Sergio dijo...

Xa, a min tamén, aínda que, por exemplo, a parte de flauta que toca Carlos Núñez na Irmandade das estrelas tamén é incrible. Alégrame ver que sigan saíndo tan grandes promesas da música. Saúdos.

Eirene dijo...

Suena bien! Tendré que escucharlos :)

Publicar un comentario