jueves, 2 de julio de 2009

The Chieftains

Seguímo-la nosa ruta polos vastos camiños do folk, e damos o salto de Galicia a Irlanda da man de The Chieftains (os xefes), aínda que, para variar, son unha formación que non ten ningún tipo de problema en interpretar moitos estilos de música, como veremos. Pero primeiro, algo da súa historia, como non: a banda formouse por iniciativa do seu gaiteiro, Paddy Moloney, en 1962. Como esta banda tivo moitos cambios na súa formación, só vou dá-los nomes da formación orixinal e os dos que foron, na miña opinión, os músicos que levaron a banda ó punto máis alto do seu son. Ben, pois a formación inicial foi a seguinte: Paddy Moloney (gaita irlandesa), Martin Fay (fiddle), Michael Tubridy (frauta), Seán Potts (tin whistle) e David Fallon (bodhrán). Pero para min a súa mellor formación foi a seguinte: Paddy Moloney (gaita irlandesa, whistle e outros instrumentos), Seán Keane (fiddle), Derek Bell (arpa), Kevin Coneff (bodhrán e voz) e Matt Molloy (frauta). Como dicía antes, esta banda non ten ningún reparo en interpretar estilos de música que non teñen nada que ver co folk: por exemplo, en 1990 participaron no concerto que deu Roger Waters (Pink Floyd), dentro do seu espectáculo The Wall, ata atreverse co tango (colaborando con Carlos Núñez), coa música galega (no seu disco "Santiago") ou coa música "country" (no seu disco Down the Old Plank Road). Como a súa discografía vai dende os anos 60 ata máis alá do 2000, vouvos poñer aquí, para @s interesad@s, o link coa súa enorme producción musical: http://www.thechieftains.com/discography/ Ser.

4 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

Paddy es un bestia a la gaita irlandesa, la hace hablar. Crecí con los Chieftains

Sergio dijo...

O de Paddy Moloney é indiscutible, pero, por algunha razón, o que máis marca me deixou foi Matt Molloy: ten esa capacidade para facer que o practicamente imposible soe como a peza máis fácil, que non simple, que poida atopar.
Saúdos.

Gela dijo...

Creo que nunca los escuché así que les echaré un ojo; vaya carrerón musical más largo tienen .Están muy masjestuosos así sentados en la foto menos el de la derecha que parece más de aquí(GZ) :)

Sergio dijo...

Paga a pena escoitalos, desde logo. O que parece da GZ, ;), é Matt Molloy, o frautista.
Saúdos.

Publicar un comentario