martes, 4 de agosto de 2009
Kepa Junkera
Despois desta viaxe polo norte, durante a cal a nosa compañeira Irene se nos foi coñece-lo país e aprende-la lingua de Goethe (herzlich willkommen!) e Ángela e Efra nos introduciron nunha das escolas máis importantes da pintura europea e no seu contexto histórico, eu non me saio do rego (de momento) e sigo coa música. Volvemos por un momento a España, concretamente a Bilbao, para darlle entrada a un novo instrumento: a trikitixa (nome que recibe o acordeón diatónico no País Vasco) da man do trikitilari (forma de denominar en vasco á persoa que a toca) Kepa Junkera, nacido en 1965. Aínda que a súa música ten unha poderosa base no folk vasco, atopámonos cun artista que non dubida en explorar novos camiños, como son a fusión de folk con jazz e folk-rock, entre outros moitos.
Como poderá apreciar quen escoite discos como Bilbao 00:00 h, este músico do barrio de Rekalde sempre se acompaña dun considerable número de artistas das máis variadas procedencias, como, por dar uns poucos exemplos, Carlos Núñez, Dulce Pontes, Hedningarna, Voces Búlgaras, Hevia e Liam O'Flynn. Colaborou con The Chieftains no seu disco "Santiago", con Carlos Núñez en “A irmandade das Estrelas" e, como curiosidade, é profesor no Musikene (Conservatorio Superior de Música do País Vasco).
Xa para rematar, gustaríame recomendarvos, como toma de contacto, dúas pezas: Arin-novo e, por outra banda, “ A irmandade das Estrelas”, na que fai unha colaboración que, na miña opinión, paga a pena escoitar.
Ser
2 comentarios:
Danke, Sergio! Si, Kepa Junkera é todo un persoeiro no folk actual :)
Me encanta este hombre y su filosofía que se puede conocer a traves de su multiculturalidad en sus disco y en sus letras.
A los siete meses de su publicación Bilbao OO:OOH fue Disco de Oro y ha sido
merecedor de un sinnúmero de premios.
Publicar un comentario