miércoles, 7 de octubre de 2009
Bagad Kemper
¡Hola a tod@s despois desta longa ausencia! Despois dun verán que algúns pasamos estudiando e outros descansando (espero), volvo á carga co folk, e desta vez intentareivos achegar a Bretaña, concretamente a unha das mellores formacións musicais que, na miña opinión, nos deu esta rexión tan parecida a Galicia, entre outras cousas, na súa xeografía e modo de vida: Bagad Kemper, que se fundou nos anos 50 por iniciativa de Ronan Cadiou, concretamente en 1949, co nome de Kevrenn C'hlazig, que é un dos bagadoù (bandas de gaitas en bretón) máis antigos. En 1959 esta banda pasou por serias dificultades debido á escaseza de membros, xa que moitos marcharon á guerra, o que non lles impediu seguir actuando e mesmo facer algunhas gravacións que comezaron en 1953. Ó ano seguinte é cando se produce o cambio ó seu nome actual, durante o cal un caixa escocés (Bobby MacGregor) se desprazou a Kemper para dar clases neste grupo. Nos anos 60 tivo unha sección feminina, que estivo en activo cinco anos. Por esta época ten lugar un intercambio dalgúns músicos da banda con músicos de Escocia, de onde veñen dous gaiteiros para transmitirlle-los seus coñecementos, e dous caixas do Bagad Kemper van a Escocia para recibir leccións de tres percusonistas da banda de gaitas da Policía de Edimburgo. No 1975 son, por primeira vez, campións en Lorient (An Orient), onde se celebra o "Championat des Bagadoù" de Bretaña.
A súa producción discográfica comeza en 1976, aínda gravando en vinilo, e chega ata este ano 2009; quérovola deixar aquí por se vos interesa:
* 1976 : Toniou war an Dachenn (Volume 1) ¹
* 1979 : Toniou war an Dachenn (Volume 2) ¹
* 1984 : Toniou war an Dachenn (Volume 3) ¹
* 1989 : Toniou war an Dachenn (Volume 4)
* 1991 : The best of Bagad Kemper (compilation)
* 1995 : Lip ar Maout
* 1999 : Hep Diskrog
* 2001 : Azeliz Iza
* 2004 : Sud-ar Su
* 2006 : Collection 1995 - 2005 (compilation)
* 2009 : Best Of Internautes (compilation)
¹ Disques 33 tours vinyle.
(Está en francés porque o saquei da Wikipédia).
En canto ó seu estilo interpretativo, a súa característica principal é, á parte do virtuosismo técnico e expresivo que caracteriza a estas formacións, a preparación dun repertorio extraordinariamente complexo, algo que hai que oír para comprendelo, pois non son capaz de explicar o que supón escoitar algo así, polo que vos deixo este link: http://www.youtube.com/watch?v=oKeVhVgRBfo , espero que vos guste.
Por último, que xa se me esquecía, falar algo dos instrumentos que usan: por unha parte, as gaitas, que son moi semellantes á gaita escocesa, pero a súa sonoridade é diferente; despois, as bombardas, que son punteiros en varios tonos que abranguen un amplo rexistro, pois hainos tanto graves como agudos, e sorprende a súa potencia sonora, superior á das gaitas; por último, pero non menos importante, a percusión, que se caracteriza pola súa variedade, pois inclúen instrumentos como congas, bongós, por citar os maís frecuentes.
Moitos saúdos e ata o próximo reencontro virtual por estes lares. Espero vervos axiña, :)
Ser
3 comentarios:
Me encantan las Banda de Gaitas Bretonas (Bagad), verla en directo es impactante...
Bienvenidos a todo@s de nuevo y animo en este nuevo curso.
ok ser , le echaré un ojo que parece que han resistido a muchos vaches por la guerra y demás y sin embargo la musica sigue permaneciendo ..besos
Benvid@s a tod@s de novo. Gracias, Efra. Ánimo para tod@s, igualmente. Moitos saúdos.
Publicar un comentario