Ao rematar un ano sempre se adoita mirar atrás ou facer uns pequenos balances do bo e do non tan bo mais no meu caso, tan só para poder avanzar con máis forzas. Na televisión resúmennos as noticias de máis relevancia na sociedade, na radio as cancións máis sonadas, os filmes con máis carteleira e demais; pois a modo persoal e se lle temos agarimo a fotografía, inda que sexa como afición como no meu caso, penso que as fotos capturan algúns instantes que nos poden evocar á sensación que nos quedou do ano. Estas son as miñas. Incluso unha delas, atenta contra a intimidade da miña cadeliña Cora, pero como é bastante coñecida pois xa me dou licencia para expoñela neste recuncho.
Ao mesmo tempo que amoso algunhas fotos miñas, aproveito para recomendar un libro de fotografía de Pepe Navarro, La voz del Caimán, palabras y retratos cubanos; trátase dun libro de fotografías acompañadas de un pequeno texto, no que se reflexa claramente mediante a fotografía, a situación de Cuba e os cubanos; este libro é según o autor, "el fruto del acercamiento a una contradicción". Feliz Aninovo*ç
3 comentarios:
Sinto a colocación das fotos, pero digo de anteman que repelo a tecnoloxía cando non atende a ordes, que é o que me pasa sempre con ela.bikos*
Buena idea, parece una buena forma de ilustrar un año. Un saludo y buen 2010¡¡¡¡
Interesante combinación de fotos. É certo, estes blogs non son o máis dócil que un atopa á hora de subir fotos ou poñer o texto como un quere.
Saúdos e feliz 2010 para tod@s.
Publicar un comentario