jueves, 31 de diciembre de 2009
Reflexión de fin de ano.
Ben é certo que non son unha persoa moi, ou mellor dito, nada inclinada a mirar atrás, como ben sabedes @s que me coñecedes ben, pero este foi un ano diferente neste sentido, e nel houbo cousas polas que paga absolutamente a pena facer memoria, pero esta vez construtiva, para variar, e os motivos disto vense mellor, creo, cunha mestura de narración e fotografía.
Cando un colle a chave que garda esas lembranzas máis especiais, pode ocorrer que se decate de que hai unha que brilla por riba das demais, tal como a lúa entre as nubes, e esta resultou se-la dun concello que moitos de vós coñecedes ben: Castroverde, debido a que alí tivo lugar un feliz e inesperado reencontro que fixo posible que se reanudase unha amizade, interrompida polas circunstancias, que comezou hai seis anos neste lugar que lembra co seu nome a historia romana da nosa cidade:
Baseándose na frase "si algo he aprendido a lo largo de estos años es que el amor verdadero es algo que se demuestra a diario con hechos y no con palabras" , un chega á conclusión, subxectiva, por suposto, de que os feitos son a mellor maneira de demostrar que alguén é un bo amigo, pois ás veces as palabras, aínda que se descoñeza o seu efecto no momento en que se din, firen ou molestan a xente; por iso, graciñas de todo corazón a quen tivo que aturar iso este ano e, malia todo, segue aí dando o mellor de si como amig@, polo que lle quero enviar unha foto que o día de hoxe tivo a ben concedernos:
Seguindo coa miña recente ocupación de fotógrafo aficionado e c@s amig@s, resulta que o citado concello tivo moito que ver niso, pois, botando contas, outros b@s amig@s veñen da sombra da súa torre e, ademais, foi alí onde os coñecín, entre risas (sobre todo, xDD), gaitas e percusión, da que, xunto cos mazos de lume, fixeron bo uso no Arde Lucus deste ano, onde os tres (Alba, Efra e Marco), amosan unha cara distinta da habitual, :), e que aparecen aquí xunto con outros membros da banda: Alberto, María José e Begoña (de esquerda a dereita).
Por puro azar, correspondeulle o último lugar desta entrada á nosa promoción de Filoloxía Clásica 2004-2009, na que houbo moi bos momentos entre frikadas (a marca da casa dos que nos deixamos as neuronas con Homero, Virxilio e compañía, :P), ocasionais saídas nocturnas, traballos en grupo na biblioteca polos que case nos botan fóra e tantas outras anécdotas e vivencias que ocuparían demasiado aquí, sen esquece-los choques que se dan de vez en cando, pero adoitan ser consustanciais á convivencia.
En fin, para ser orixinal, :), desexarvos a tod@s un feliz fin de ano e unha, como mínimo, igual ou mellor entrada no 2010 e que as vosas estrelas sigan brillando con tanta ou máis forza no voso ceo particular. Graciñas á alma máter deste acolledor recuncho por abri-la porta que deu, e dará, saída ás nosas máis variadas ideas e tamén, por suposto, a tod@s @s membr@s que facedes posible que isto siga adiante. Os meus mellores desexos para tod@s.
Ser.
6 comentarios:
Por desgracia, tiven que borra-la foto da torre de Castroverde, que se superpoñía coa do Lucus Augusti, e sinto o desenfoque da foto da cea de licenciatura, pero as miñas mañas co Photoshop son moi limitadas, :)
Con cariño para tod@s. Saúdos.
Muy bonitas las fotos, ser; la foto de la luna es muy mística, mucho me intriga; las de castroverde/cádavo ya sabes que me encantan que soy la fan número uno del lugar :); allá donde voy siempre acabo conociendo gente de ahí y debe ser el sitio de donde más gente conozco por metro cuadrado estadísticamente, no crees? jaja esto debe venir de una vida pasada porque ya me dirás...
Me descolocó la carátula del cd Mónica Naranjo pero me acuerdo q una noche en cubil, resolvimos que Mn era la mejor voz femenina española y Leo la masculina jeje ; bikos**
He de reconocer que lo de Mónica Narajo también me descolocó, sobre todo despues de escuchar unos cds prestados de Stravaganzza...
Un abrazo muy fuerte para tod@s en estas fechas de sosiego.
Graciñas, Ange. Si, non parece moi probable que sexa casualidade. Certo, desta zona coñeces bastante xente. En canto ao da carátula, bueno, a min gústame intentar sorprender, aínda que ás veces é difícil, jeje. Bkñs.
Efra, espero que che gustasen os CD's de Stravaganzza. Moitos saúdos.
Graciñas polos comentarios.
Que melancólicos estades todos co fin de ano :-)
Está moi ben o de facer balances (sobre todo positivos) de vez en cando,aínda que eu persoalmente non adoito facelos cando remata un ano, os meus son máis ben mensuais ou bimensuais, e cos propósitos de cambio pásame igual.
Por certo, totalmente dacordo co de " os feitos son a mellor maneira de demostrar que alguén é un bo amigo", falabamolo Efra e eu con Pablo esta fin de semana precisamente, é moi doado falar e prometer, pero o que queda e conta é o que se fai, sen dúbida.
Unha aperta!
Por certo, como propósito para o 2010 hai que poñerse ir de cea a "El Alemán"!
Publicar un comentario