jueves, 28 de enero de 2010

O Ego

A quen se lle poden negar as sombras? o noso dereito a non ser perfectos, debe estar aí; benvidos aqueles que logran o sublime nelgún eido da súa vida mais non todos aspiramos a tal cousa. Nin a comprensión de ninguén, nin a aprobación de "todo o mundo", nin o amor universal, tan só o respeto. E defínome como conservadora se iso leva a fomentar o amor dos meus; que son poucos e tampouco quero máis. Importantes como a auga son os que non me alagan, os que tan só nos espertan unha sonrisa cada mañá.
E quizáis porque me levantei co pé esquerdo esta mañá ou porque fai tempo que o tiña dentro e medrou, non o sei, o certo é que hoxe me sinto crítica coa crítica; velaquí un reflexo ben doado de atopar e ben sei que o contra ataque non leva a nada novo que non sexa frustración pero, a rebeldía e a contradicción, están en min.
Qué axiña xuzgamos a frivolidade, non é? Pero eu sempre dixen que hai vidas e vidas, momentos e momentos e non me nego a seguir repetíndoo. Alguén habrá que todo o tome con lixeireza por non poder afrontalo e iso, ten máis de profundo que a moita seriedade da que se afanan algúns. Convencida de que tras un burdel sempre hai unha historia da que podemos aprender, reivindico o dereito a frivolizar a vida cando nos sirva de vía de escape; sei que non todos poderán ler esto sen que lles semelle pura apariencia pero tamén esta é necesaria..ou non ?
Eu máis que xuzgalo quero abrilo a debate, por moi criticona que me espertase esta mañá...

5 comentarios:

Sergio dijo...

Á parte de que alguén perfecto non tería nada de interesante, intentar chegar a selo supón un camiño de sufrimento que non paga a pena, pois leva a unha callella sen saída. A vida xa nos dá bastantes paus por si mesma como para andar buscando máis, aínda que tamén nos achega acontecementos positivos.
Cada persoa ten as súas circunstancias, pero é innegable que, ante certas situacións da vida cotiá dalgunhas persoas, unha vía de escape é absolutamente necesaria, pois do contrario acábase sufrindo intensamente e, no peor dos casos, facendo sufrir a outros por malos momentos que acabas pagando, por desgraza, cos amigos que te valoran dabondo para aturar que lles contes os mesmos problemas unha e outra vez, :(
Admito que eu tomaba a frivolidade á lixeira, porque non comprendía o que podía proporcionar, pero agora xa non o vexo como "pura apariencia", aínda que non é algo que eu aplique persoalmente.
Bkñs.

Gela dijo...

para qué? para qué? sólo tenemos que creerlo, es un DÍA NUEVO!!! gracias, mil besos!!!(irracional, como siempre...)

Efraím Díaz dijo...

Que densos estais....

Un saludo.

Gela dijo...

Una vez al mes, por lo menos...hace falta;)
saludos***

Marta Rodríguez Álvarez dijo...

Creo que sí, la frivolidad es necesaria muchas veces. No creo que se pueda vivir y seguir cuerdo si absolutamente todo nos lo tomamos con profundidad y trascendencia.

Y parte de esa permisividad necesaria con nosotr@s mism@s y de esa no perfección de la que hablas,es consentirnos ser frívol@s y superficiales cuando nos lo pide el cuerpo. Hay que ser sanamente egoístas para ser algo más felices. Sin remordimientos. Vivir y dejar vivir.

Besos!

Publicar un comentario