jueves, 25 de febrero de 2010

Poetisas e maquillaxe.

Sempre vin difícil chegar a obter un termo medio ou equilabrado nas miñas emocións que xorden a miúdo como lume que arde no meu interior; mais para iso están os recursos que me socorren. Vexo nas pasións persoais de cada quen un motivo enriquecedor a nivel persoal e un incentivo para medrar; reconozo que disfruto moitísimo cando nas conversas cos meus, intercambiamos gustos tan dispares e de feito, este é un principio fundamental deste blog: somos xente con pasións ben diferentes e diversas e moitos de nós, incluso amigos. Aprender de alguén é un regalo a nivel persoal, que só che pode dar unha boa amizade. Eu neste punto gosto de compaxinar frivolidade con emoción; sentirse ben por dentro é algo que irradia no exterior; emprego a maquillaxe e toda a cosmética que me apeteza levar. Non todo é tan vanal como se poida xuzgar nunha primeira ollada. Outro recurso que me enche por dentro é a poesía ou a música. Unha mostra de aproximación sería o seguinte poema de Safo, poetisa de Lesbos que cultiva a poesía lírica eolia xunto a Alceo; escollo un poema de ela por crela creadora dunha obra atemporal: "Inmortal Afrodita, la de trono pintado, hija de Zeus, tejedora de engaños, te lo ruego: no a mí, no me sometas a penas ni angustias el ánimo, diosa. Pero acude acá, si alguna vez en otro tiempo, al escuchar de lejos de mi voz la llamada, la has atendido y, dejando la áurea morada paterna, viniste, tras aprestar tu carro. Te conducían lindos tus veloces gorriones sobre la tierra oscura. Batiendo en raudo ritmo sus alas desde el cielo cruzaron el éter, y al instante llegaron. Y tú, oh feliz diosa, mostrando tu sonrisa en el rostro inmortal, me preguntabas qué de nuevo sufría y a qué de nuevo te invocaba, y qué con tanto empeño conseguir deseaba en mi alocado corazón. "¿A quién, esta vez voy a atraer, oh querida, a tu amor? ¿Quién ahora, ay Safo, te agravia? Pues si ahora te huye, pronto va a perseguirte; si regalos no aceptaba, ahora va a darlos, y si no te quería, en seguida va a amarte, aunque ella resista." Acúdeme también ahora, y líbrame ya de mis terribles congojas, cúmpleme que logre cuanto mi ánimo ansía, y sé en esta guerra tú misma mi aliada. Safo (600 a. C.) Ange*Ç

lunes, 15 de febrero de 2010

Cherish the Ladies

Hoxe imos percorrer un camiño que nos vai ter indo e vindo dende EE.UU. a Irlanda, debido á procedencia das persoas que forman Cherish the Ladies. Este nome, tomado dunha xiga tradicional irlandesa, é moi axeitado para bautiza-la banda, pois está formada por seis mulleres. Os comezos da banda sitúanse en 1985 en New York, onde foron organizadas polo folclorista e músico irlandés Mick Moloney. Nestes anos comezaron facendo ciclos de concertos. Despois elas mesmas establéceronse como músicos e intérpretes, e foi neste momento cando gañaron moitos oíntes. Conseguiron recoñecemento por se-lo único grupo tradicional irlandés integramente feminino nunha escena dominada por grupos masculinos, segundo o propio Mick Moloney. Vexamos agora un breve detalle sobre a biografía de cada unha das súas compoñentes e dos instrumentos que tocan: I) Joanie Madden: frauta, whistles e voz: naceu no Bronx, en New York, pero os seus pais son irlandeses e ámbolos dous se dedican á música, pois súa nai é bailarina de danzas tradicionais e o pai acordeonista. Ademais do seu traballo como instrumentista e cantante, tamén é compositora e gravou tres discos en solitario. II) Mary Coogan: guitarra, banjo e mandolina: neoiorquina como Joanie Madden e procedente dunha familia de músicos, Mary Coogan é unhas das fundadoras deste grupo. Cando contaba poucos anos, comezou a tocar porque escoitaba varios tipos de música acústica. III) Roisín Dillon: fiddle: naceu e criouse en Belfast (Irlanda do Norte), pero trasladouse a EE. UU. Seu pai aprendeulle a toca-lo whistle con once anos pero, a partir dos quince anos, dedícase exclusivamente ao fiddle. IV) Michelle Burke: voz: criouse no pobo de Ballynoe, nun fogar de músicos onde as baladas irlandesas e as cancións folk eran un membro máis da familia. Cando foi maior dabondo, comezou a cantar na banda de seu pai, que tocaba en vodas, bailes e festas. V) Mirella Murray: acordeón piano: criouse en Claddaghduff, preto de Clifden, no oeste de Irlanda do Sur. Mary Finn foi quen lle ensinou a toca-lo acordeón piano. Aprendeu moito de Liz Kane, que toca o fiddle, durante unha serie de competicións. Posteriormente, os dous gañaron o primeiro premio de duetos de Irlanda en 1995. VI) Kathleen Boyle: piano: a única compoñente do grupo que naceu en Escocia, concretamente en Glasgow. O seu amor pola música procede de seu pai, que tamén é un músico de talento. Ademais do piano, Kathleen Boyle toca tamén o acordeón. En canto á súa música, os seus doce discos caracterízanse por conter tanto temas instrumentais como cancións. Por último, a acostumbrada recomendación dunha peza do grupo, que se titula "The Anascul Polka": http://www.youtube.com/watch?v=aZAPKEEyGi8 Espero que vos guste. Ser.

sábado, 13 de febrero de 2010

Colores Pastel.

Estos días temos por lugo un frío destes q tanto me gusta combatir con mil capas de roupa; combatir é traballo en van non obstante, cando inciden en nós esas raiolas de sol q tanto se agradecen, que semellan irradiar sorrisos plenos. Todo é cuestión de perspectiva pero velo todo iluminado sempre facilita dar os pequenos saltos diarios, sen necesidade de combatilos. A vida segue tendo para min, esa capacidade de sorprender que só vexo cando me deixo levar... Ange.

jueves, 28 de enero de 2010

O Ego

A quen se lle poden negar as sombras? o noso dereito a non ser perfectos, debe estar aí; benvidos aqueles que logran o sublime nelgún eido da súa vida mais non todos aspiramos a tal cousa. Nin a comprensión de ninguén, nin a aprobación de "todo o mundo", nin o amor universal, tan só o respeto. E defínome como conservadora se iso leva a fomentar o amor dos meus; que son poucos e tampouco quero máis. Importantes como a auga son os que non me alagan, os que tan só nos espertan unha sonrisa cada mañá.
E quizáis porque me levantei co pé esquerdo esta mañá ou porque fai tempo que o tiña dentro e medrou, non o sei, o certo é que hoxe me sinto crítica coa crítica; velaquí un reflexo ben doado de atopar e ben sei que o contra ataque non leva a nada novo que non sexa frustración pero, a rebeldía e a contradicción, están en min.
Qué axiña xuzgamos a frivolidade, non é? Pero eu sempre dixen que hai vidas e vidas, momentos e momentos e non me nego a seguir repetíndoo. Alguén habrá que todo o tome con lixeireza por non poder afrontalo e iso, ten máis de profundo que a moita seriedade da que se afanan algúns. Convencida de que tras un burdel sempre hai unha historia da que podemos aprender, reivindico o dereito a frivolizar a vida cando nos sirva de vía de escape; sei que non todos poderán ler esto sen que lles semelle pura apariencia pero tamén esta é necesaria..ou non ?
Eu máis que xuzgalo quero abrilo a debate, por moi criticona que me espertase esta mañá...

domingo, 10 de enero de 2010

O 201O NEVADO.

O ano comeza con obxetivos polos que loitar de sobra e sobre os que poderiamos falar, tendo estas fotos de fondo. Non son miñas, fixoas un amigo meu, ao que lle apaixona a fotografía e do que aprendín a observar a natureza doutra maneira. Amante da paisaxe galega en todas as súas facetas e cores, amigo de falar tras haberte escoitado e loitador polos cambios a mellor, vaia por él toda a miña admiración, pois non todo o mundo é capaz de rectificar nos anos finais do trayecto da vida. Él si é capaz de seguir renovándose e de dar renda solta ao pracer de vivir. Ange.

martes, 5 de enero de 2010

Adios 2009¡¡¡¡

Pincha en las fotos para verlas en grande¡¡¡¡¡¡ El 2009 ha sido para mi un buen año, y me ha dejado momentazos que recordaré para toda la vida, experiencias muy enriquecedoras y bonitas, os dejo algunas fotos de esos momentos.
El primer gran recuerdo es un viaje a Italia con Marta en el que visitamos Milán, Genova, Florencia, Venecia, en el mes de Febrero. Sobre todo Venecia, en la que ya había estado me volvió a impresionar más que nunca. Lo pasamos genial Marta y yo, viajando sobre todo en tren.
Las amistades nunca pasan, los auténticos amigos perduran aunque la distancia sea lejana, aunque no se haya tenido contacto, y recuperar la actividad de amistad con mi amigo Pablo ha sido algo destacable de este 2009. El ahora está en León, por suerte el contacto puede ser más cercano y frecuente ahora. Foto del MUSAC.
Otra de las activiades que marcaron el 2009 fue, la presentación de mi disco tanto en A Coruña como en Lugo. En Lugo en el Círculo de las Artes, un lugar increible para tocar, tanto por su situación como por lo que representa para mí. Mi actividad musical en la Banda de Municipal de Música de Lugo, tomando parte en la organización de los actos de su 140 aniversario ha sido altamente enriquecedora y es algo de lo que me siento orgulloso. El retorno al folk gracias al ánimo de Marta y empuje de Pablo, junto con la coincidencia en 2008 en el estudio con Ghaita de Pedra, han hecho posible que forme parte de este grupo de Lugo. Me siento como pez en el agua, sin duda la cuna musical de la cual salí se nota... El libro que en este 2009 me ha marcado, como no de Bruno Cardeñosa, descubierto gracias a Marta 2009, al igual que 2008 ha sido un año de viaje y de lecturas, un año también musical, pero sobre todo un año de compartir, de compartir la vida con alguien a quien se ama, Marta, los viajes juntos son maravillosos, como nuestro día a día, y como nó Comillas fue una muestra más de ello. Gracias. Foto desde la Cueva de El Soplao Desde aqui quiero dar un abrazo amistoso y sincero a tod@s los que han ocupado un trocito de este 2009 en mi vida, sinceramente, sin vuestras vidas en la mía, no sería la misma, y el caso es que ahora mismo me siento fenomenalmente bien, con mi vida, conmigo, con mi trabajo y con los que me rodean. A la familia, a Armando, Sergio, Pablo y Sheila, Enrique y Mabel (llamadnos algun día), Francisco (Baleira), Bob Esponja, Paula y Piru, Angel (banda), Ghaita de Pedra y todos los entrevistados por mi este año, gracias por la paciencia y entrega. Un beso a tod@s y un buen 2010 lleno de IMAGINACIÓN¡¡¡¡¡

jueves, 31 de diciembre de 2009

Reflexión de fin de ano.

Ben é certo que non son unha persoa moi, ou mellor dito, nada inclinada a mirar atrás, como ben sabedes @s que me coñecedes ben, pero este foi un ano diferente neste sentido, e nel houbo cousas polas que paga absolutamente a pena facer memoria, pero esta vez construtiva, para variar, e os motivos disto vense mellor, creo, cunha mestura de narración e fotografía. Cando un colle a chave que garda esas lembranzas máis especiais, pode ocorrer que se decate de que hai unha que brilla por riba das demais, tal como a lúa entre as nubes, e esta resultou se-la dun concello que moitos de vós coñecedes ben: Castroverde, debido a que alí tivo lugar un feliz e inesperado reencontro que fixo posible que se reanudase unha amizade, interrompida polas circunstancias, que comezou hai seis anos neste lugar que lembra co seu nome a historia romana da nosa cidade: Baseándose na frase "si algo he aprendido a lo largo de estos años es que el amor verdadero es algo que se demuestra a diario con hechos y no con palabras" , un chega á conclusión, subxectiva, por suposto, de que os feitos son a mellor maneira de demostrar que alguén é un bo amigo, pois ás veces as palabras, aínda que se descoñeza o seu efecto no momento en que se din, firen ou molestan a xente; por iso, graciñas de todo corazón a quen tivo que aturar iso este ano e, malia todo, segue aí dando o mellor de si como amig@, polo que lle quero enviar unha foto que o día de hoxe tivo a ben concedernos: Seguindo coa miña recente ocupación de fotógrafo aficionado e c@s amig@s, resulta que o citado concello tivo moito que ver niso, pois, botando contas, outros b@s amig@s veñen da sombra da súa torre e, ademais, foi alí onde os coñecín, entre risas (sobre todo, xDD), gaitas e percusión, da que, xunto cos mazos de lume, fixeron bo uso no Arde Lucus deste ano, onde os tres (Alba, Efra e Marco), amosan unha cara distinta da habitual, :), e que aparecen aquí xunto con outros membros da banda: Alberto, María José e Begoña (de esquerda a dereita). Por puro azar, correspondeulle o último lugar desta entrada á nosa promoción de Filoloxía Clásica 2004-2009, na que houbo moi bos momentos entre frikadas (a marca da casa dos que nos deixamos as neuronas con Homero, Virxilio e compañía, :P), ocasionais saídas nocturnas, traballos en grupo na biblioteca polos que case nos botan fóra e tantas outras anécdotas e vivencias que ocuparían demasiado aquí, sen esquece-los choques que se dan de vez en cando, pero adoitan ser consustanciais á convivencia. En fin, para ser orixinal, :), desexarvos a tod@s un feliz fin de ano e unha, como mínimo, igual ou mellor entrada no 2010 e que as vosas estrelas sigan brillando con tanta ou máis forza no voso ceo particular. Graciñas á alma máter deste acolledor recuncho por abri-la porta que deu, e dará, saída ás nosas máis variadas ideas e tamén, por suposto, a tod@s @s membr@s que facedes posible que isto siga adiante. Os meus mellores desexos para tod@s. Ser.