lunes, 13 de julio de 2009

Deaf Shepherd

Agora marchamos ata Escocia para coñece-la banda folk Deaf Shepherd, que se formou en 1993. O proxecto musical deste grupo recolle tanto a tradición musical escocesa e irlandesa, da man do seu percusionista, que é escocés pero de pais irlandeses, como as composicións propias e tamén a música de artistas contemporáneos seus. En todo caso, a primeira impresión que un leva ó escoitalos é a de que son uns músicos que posúen, a partes iguais, unha técnica e expresividade moi elevadas. A súa formación actual é a seguinte: -Malcolm Stitt (bouzouki e voz, aínda que de neno empezou sendo gaiteiro), John Morran (voz e guitarra), Clare McLaughlin (fiddle e voz), Mark Maguire (percusión e voz), Jena e Finlay. En canto á súa discografía, a banda ten ata o momento tres discos: 1º) Ae Spark o Nature's Fire (1995). 2º) Synergy (1997). 3º) Even in the rain (2002). Unha peza deste grupo na que se percibe ben o seu estilo, e que vos quero recomendar desde aquí, é Ah, surely! Ser

5 comentarios:

Gela dijo...

No los conocía y escuché poco ; lo suficiente para decir que tinen musica que evocan al medievo y muy alegre; Ah, surely hay que bailarla ser! está genial


Aprovecho para mandarle muchos saludos a Irene y desearle que siga disfrutando el verano


besos

Efraím Díaz dijo...

Como se nota que estamos de vacaciones ehm¡¡¡¡

Me gusta como describes a los grupos Sergio, sigue así. Un saludo.

Sergio dijo...

Hola. ¿Por que dis que se nota o das vacacións?
Graciñas pola parte que me toca, pero eu non vexo que as miñas descripcións teñan nada de especial, pero se me podes dicir o que lles ves ti de bo, agradeceríacho, para seguir potenciando esa parte. Moitos saúdos.

Efraím Díaz dijo...

Digo lo de las vacaciones porque hay poca actividad por estos lares...

Veo en tus descripciones, precisamente las formas y los datos que a mi me gusta que figuren en un acercamiento leido inicial de un grupo.

Un saludo.

Sergio dijo...

Boas. Ah, si, é que entre estudiar para septiembre e outras cousas pois un sempre deixa algo de lado, como o Kallaikía, por exemplo.
Moitos saúdos.

Publicar un comentario