Mostrando las entradas con la etiqueta Escocia. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Escocia. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de julio de 2009

Deaf Shepherd

Agora marchamos ata Escocia para coñece-la banda folk Deaf Shepherd, que se formou en 1993. O proxecto musical deste grupo recolle tanto a tradición musical escocesa e irlandesa, da man do seu percusionista, que é escocés pero de pais irlandeses, como as composicións propias e tamén a música de artistas contemporáneos seus. En todo caso, a primeira impresión que un leva ó escoitalos é a de que son uns músicos que posúen, a partes iguais, unha técnica e expresividade moi elevadas. A súa formación actual é a seguinte: -Malcolm Stitt (bouzouki e voz, aínda que de neno empezou sendo gaiteiro), John Morran (voz e guitarra), Clare McLaughlin (fiddle e voz), Mark Maguire (percusión e voz), Jena e Finlay. En canto á súa discografía, a banda ten ata o momento tres discos: 1º) Ae Spark o Nature's Fire (1995). 2º) Synergy (1997). 3º) Even in the rain (2002). Unha peza deste grupo na que se percibe ben o seu estilo, e que vos quero recomendar desde aquí, é Ah, surely! Ser