viernes, 18 de junio de 2010
Gracias a la vida...
Gracias a la vida que me ha dado tanto...eu estaba nunha cafetería estudiando historia e de repente, escoitei estos versos de Violeta Parra na radio; e no, non era a voz da recentemente falecida Mercedes Sosa. Agudicei o oído e distinguín a voz da inigualable Laura Pausini xunto con outras como as de Shakira ou Alejandro Sanz. O caso é que esta canción me trae tantos recordos...É bon sentirse en paz coa vida incluso cando mancou tanto. Escoitar esta canción de novo inda que noutros voces, tróuxeme á cabeza a importancia de ser feliz. Pra min non reside non tanto no coñecemento inda que tamén, senón máis no saber disfrutar e parar a recoller os anacos do que nos pasa a miúdo, desapercibido. As ganas de equivocarme marcaron en min o fito de coñecer a ferramenta pra disfrutar. e disfrutar de qué? Pois do que me vai traendo a vida pero maiormente, dos e cós meus. Por iso digo: Grazas á vida que, nos dará sempre tanto. Ange**
domingo, 13 de junio de 2010
Cristina Pato
Ourense, 1980: cidade e ano que viron nacer a Cristina Pato, a gaiteira e pianista galega que lle fixo cambiar a quen escribe estas liñas o seu concepto sobre o que significa subir a un escenario cunha gaita. As súas primeiras intervencións con este instrumento, xa dentro dunha agrupación, hainas que buscar na Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, dentro da cal participou na gravación de seis discos, un deles de solistas; a seguinte etapa da súa viaxe segue por terras ourensás co grupo folk Mutenrohi, no que xa amosaba un estilo de toca-la gaita moi semellante ao que nos ten acostumados hoxe en día, do que veremos unha mostra co inevitable video.
Ademais de polo seu traballo como gaiteira, tanto solista como en colaboracións, tamén é recoñecida internacionalmente polo seu traballo como pianista: a súa experiencia con estes dous instrumentos levouna dende a súa Galicia natal ata importantes festivais da Música Celta como son o Interceltique de Lorient ou o Celtic Connections de Glasgow, pasando por Alemaña, Italia, México e a India, entre outros. Un punto que hai que destacar na súa carreira son as colaboracións con músicos da talla de The Chieftains ou o Silk Road Ensemble, unha agrupación que reúne instrumentistas de varios continentes, concretamente no disco "Off the Map" (2009).
Como gaiteira solista gravou tres discos: "Tolemia" (1999), "Xilento" (2001) e "Misturados" (2007); no seu disco "The Galician Connection" (2010) combina as súas facetas de gaiteira e pianista. Por outra banda, colaborou como pianista en dúas gravacións: "Songs of Joy and Peace" (2008), do violonchelista francés de pais chineses Yo-Yo Ma, e en "From Russia to Brazil" (2006).
Ademais disto, tamén sabe o que é o mundo das bandas sonoras de películas, pois é a compositora e intérprete da música da película "El Hombre de Arena", filme que se estreou no 2007.
Por último, deixo aquí un video dunha actuación do grupo Mutenrohi. Espero que vos guste.
Ser.
jueves, 13 de mayo de 2010
Desprenderse.
E ti qué levarías na mochila?
Aquilo que me fai brillar cando miro, o que sin ser pronunciado se sinte; metería os ollos que me fixeron crer outra vez e tamén un anaco de pan para o camiño.
E que deixarías?
A parte que foi, o que hai que deixar morrer para volver comezar; sen dramatismos e cerrando ciclos para salir a flote...
As escollas ninguén dixo que foran sinxelas pero negar o que é, mustia a alma como o lirio que morreu en terras sombrías porque lle negaches a auga do caudal.
E tanto se xa fixeches o petate como se non, é hora de botarse a andar e se cómpre de queimarse.
sábado, 24 de abril de 2010
O que non lle acontecera ao rapaz
Ese son, ese que oía no seu peito, ese era o que debía seguir. Ben o sabía. Xa llo dixeran os vellos que o rondaban que, o trabucarse non era delito grave se era por convicción. Ai, pero de iso non ía o conto...ao rapaz o que lle pasara era ben diferente: roía na codia do pan como o roían dentro del os pensamentos que, nin no sono o deixaban acougar. Deixara correlos días do calendario sen tomar partido cual auga que deixas correr. Ata collera un día direción A Coruña por compracer aos rapaces da vila que, o rapaz nunca gusto nisto vira...A Coruña?, a él o que lle ía era o carretera e manta tan típico a lugares máis exóticos para él como era o seu paraíso perdido, o val de Navia. Saíulle caro ao pobre rapaz da vila seguilos sendeiros do Señor e non os que lle marcaban ben dentro, o peito. Pasar non lle pasara nada malo na vida, poderíamos dicir ao velo que tivera incluso sorte; non lle pasara nada e ao mesmo tempo todo.
Ange
jueves, 11 de marzo de 2010
Yevgeny Pliúshchenko
Cambio de disciplina, pero sen deixar de lado a música, como veremos, para ir ata Rusia sobre os patíns sobre xeo de Евгений Викторович Плющенко (Yevgény Víktorovich Plyúshchenko). Naceu en 1982 en Solnechny, na Unión Soviética. Comezou a patinar en Volgogrado cando tiña catro anos, e esa pista pechou cando tiña once, polo que marchou a San Petersburgo para adestrar con Alexey Mishin. En 1997 gañou a súa primeira competición mundial con catorce anos. Nas Olimpíadas de Inverno do 2002, Plyúshchenko e o seu rival e antigo compañeiro de adestramento Alexei Yagudin eran co-favoritos, e o primeiro posto foi para Yagudin por unha caída de Plyúshchenko.
No período que vai entre os anos 2002 e 2006, o noso convidado nesta ocasión pasou unha época de luces e sombras, estas últimas no terreo profesional, pois no 2005, no Campionato do Mundo en Moscú, viuse obrigado a retirarse despois de executa-lo programa curto debido a unha lesión, co que xa non puido participar na final; tamén tivo algunha sombra no terreo persoal, pois neste mesmo ano casou con Maria Ermak, coa que tivo un fillo, pero divorciáronse tres anos despois. No ano seguinte foi campión olímpico en Turín amosando unha clara superioridade, pero despois disto virían dous anos alonxado da competición. No 2007, os resultados de Rusia no Campionato Mundial foron os peores dende 1960, polo que, segundo se di na súa páxina oficial, Plyúshchenko, preocupado porque Rusia perdese o seu predominio, anunciou a súa intención de volver participar na tempada 2007-2008, para mante-lo nivel competitivo de Rusia ata que a nova xeración de patinadores tomase o relevo, pero este retorno non se produciu.
No 2009 casou por segunda vez coa produtora musical Yana Rudkovskaya, coa que traballa o cantante ruso Dima Bilan, co que Plyúshchenko colaborou cunha coreografía no Festival de Eurovisión celebrado no 2008, xunto co violinista húngaro Edvin Marton e o seu violín fabricado por Antonio Stradivari (Stradivarius é forma latinizada) ou por algún membro da súa familia, en 1697; Edvin Marton ten composto pezas para as coreografías do patinador. Na súa participación na Rostelecom Cup en Outubro deste ano 2009 e nos Campionatos de Rusia e de Europa do ano no que estamos, Plyúshchenko obtivo unhas vitorias nas que deixou bastante atrás o resto de patinadores, despois de prepararse a conciencia despois da súa lesión.
Nesta disciplina, a música ten un papel moi importante nas coreografías dos patinadores, e a selección das obras pode chegar a ser incriblemente variada, do que imos achegar uns poucos exemplos das pezas para as que preparou coreografías, entre as que están: Tosca de Puccini, Tango Flamenco, de Paco de Lucía, algunhas cancións de Michael Jackson, entre outras moitas. Xa para rematar, quérovos deixar aquí o video da súa coreografía do "Concierto de Aranjuez", de Joaquín Rodrigo. Que a desfrutedes.
Ser.
jueves, 4 de marzo de 2010
Luar na Lubre
Hoxe voltamos a A Coruña, concretamente ao ano 1986, para asistir á fundación do grupo folk Luar na Lubre. A súa proposta musical, centrada, como din eles mesmos, no predominio da cultura galega, aínda que tamén inclúen influencias que fagan mellora-lo proxecto sen afastalo do seu propósito orixinal. Malia que xa gravaran dous traballos en 1988 e 1990 respectivamente, o pulo do seu proxecto veu cando coñeceron a Mike Olfield en 1992 nun concerto en A Coruña, e desta colaboración xurdiu, posteriormente, a versión que o músico británico fixo de "O son do ar" e, en 1999, Mike Olfield convidounos a participar na xira que estaba facendo, co que se confirmaron como grupo revelación.
Aínda que o centro do seu proxecto musical é Galicia, outras músicas atopan oco nel, como é o caso da irlandesa, bretona, escocesa e portuguesa.
En canto aos seus compoñentes, daremos unha breve descrición, limitándonos, cunha excepción, aos instrumentos que toca cada un, pois non atopei información sobre a súa formación:
Bieito Romero: gaitas, acordeón e zanfoña.
Xulio Varela: bouzouki, voz e percusións.
Eduardo Coma: violín.
Patxi Bermúdez: bodhran, tambor e djimbek.
Pedro Valero: guitarra acústica.
Xavier Ferreiro: percusións latinas e efectos.
Xan Cerqueiro: frautas.
Sara Louraço Vidal: voz. A cantante lisboeta incorporouse ao grupo no 2005, despois da marcha de Rosa Cedrón. A súa primeira cantante foi Ana Espinosa.
Discografía:
O Son do Ar (1988).
Beira Atlántica (1990).
Ara Solis (1993).
Plenilunio (1997).
Cabo do Mundo (1999).
XV Aniversario (2001).
Espiral (2002).
Hai un paraíso (2004).
Saudade (2005).
Camiños da fin da terra (2007).
Ao Vivo (2009).
Para rematar, a inevitable canción, neste caso en forma de video, co tema "Memoria da Noite", do seu disco Hai un paraíso (2004). Espero que vos guste.
Ser.
jueves, 25 de febrero de 2010
Poetisas e maquillaxe.
Sempre vin difícil chegar a obter un termo medio ou equilabrado nas miñas emocións que xorden a miúdo como lume que arde no meu interior; mais para iso están os recursos que me socorren. Vexo nas pasións persoais de cada quen un motivo enriquecedor a nivel persoal e un incentivo para medrar; reconozo que disfruto moitísimo cando nas conversas cos meus, intercambiamos gustos tan dispares e de feito, este é un principio fundamental deste blog: somos xente con pasións ben diferentes e diversas e moitos de nós, incluso amigos. Aprender de alguén é un regalo a nivel persoal, que só che pode dar unha boa amizade.
Eu neste punto gosto de compaxinar frivolidade con emoción; sentirse ben por dentro é algo que irradia no exterior; emprego a maquillaxe e toda a cosmética que me apeteza levar. Non todo é tan vanal como se poida xuzgar nunha primeira ollada. Outro recurso que me enche por dentro é a poesía ou a música.
Unha mostra de aproximación sería o seguinte poema de Safo, poetisa de Lesbos que cultiva a poesía lírica eolia xunto a Alceo; escollo un poema de ela por crela creadora dunha obra atemporal:
"Inmortal Afrodita, la de trono pintado,
hija de Zeus, tejedora de engaños, te lo ruego:
no a mí, no me sometas a penas ni angustias
el ánimo, diosa.
Pero acude acá, si alguna vez en otro tiempo,
al escuchar de lejos de mi voz la llamada,
la has atendido y, dejando la áurea morada
paterna, viniste,
tras aprestar tu carro. Te conducían lindos
tus veloces gorriones sobre la tierra oscura.
Batiendo en raudo ritmo sus alas desde el cielo
cruzaron el éter,
y al instante llegaron. Y tú, oh feliz diosa,
mostrando tu sonrisa en el rostro inmortal,
me preguntabas qué de nuevo sufría y a qué
de nuevo te invocaba,
y qué con tanto empeño conseguir deseaba
en mi alocado corazón. "¿A quién, esta vez
voy a atraer, oh querida, a tu amor? ¿Quién ahora,
ay Safo, te agravia?
Pues si ahora te huye, pronto va a perseguirte;
si regalos no aceptaba, ahora va a darlos,
y si no te quería, en seguida va a amarte,
aunque ella resista."
Acúdeme también ahora, y líbrame ya
de mis terribles congojas, cúmpleme que logre
cuanto mi ánimo ansía, y sé en esta guerra
tú misma mi aliada.
Safo (600 a. C.)
Ange*Ç