sábado, 24 de abril de 2010
O que non lle acontecera ao rapaz
Ese son, ese que oía no seu peito, ese era o que debía seguir. Ben o sabía. Xa llo dixeran os vellos que o rondaban que, o trabucarse non era delito grave se era por convicción. Ai, pero de iso non ía o conto...ao rapaz o que lle pasara era ben diferente: roía na codia do pan como o roían dentro del os pensamentos que, nin no sono o deixaban acougar. Deixara correlos días do calendario sen tomar partido cual auga que deixas correr. Ata collera un día direción A Coruña por compracer aos rapaces da vila que, o rapaz nunca gusto nisto vira...A Coruña?, a él o que lle ía era o carretera e manta tan típico a lugares máis exóticos para él como era o seu paraíso perdido, o val de Navia. Saíulle caro ao pobre rapaz da vila seguilos sendeiros do Señor e non os que lle marcaban ben dentro, o peito. Pasar non lle pasara nada malo na vida, poderíamos dicir ao velo que tivera incluso sorte; non lle pasara nada e ao mesmo tempo todo.
Ange
jueves, 11 de marzo de 2010
Yevgeny Pliúshchenko
Cambio de disciplina, pero sen deixar de lado a música, como veremos, para ir ata Rusia sobre os patíns sobre xeo de Евгений Викторович Плющенко (Yevgény Víktorovich Plyúshchenko). Naceu en 1982 en Solnechny, na Unión Soviética. Comezou a patinar en Volgogrado cando tiña catro anos, e esa pista pechou cando tiña once, polo que marchou a San Petersburgo para adestrar con Alexey Mishin. En 1997 gañou a súa primeira competición mundial con catorce anos. Nas Olimpíadas de Inverno do 2002, Plyúshchenko e o seu rival e antigo compañeiro de adestramento Alexei Yagudin eran co-favoritos, e o primeiro posto foi para Yagudin por unha caída de Plyúshchenko.
No período que vai entre os anos 2002 e 2006, o noso convidado nesta ocasión pasou unha época de luces e sombras, estas últimas no terreo profesional, pois no 2005, no Campionato do Mundo en Moscú, viuse obrigado a retirarse despois de executa-lo programa curto debido a unha lesión, co que xa non puido participar na final; tamén tivo algunha sombra no terreo persoal, pois neste mesmo ano casou con Maria Ermak, coa que tivo un fillo, pero divorciáronse tres anos despois. No ano seguinte foi campión olímpico en Turín amosando unha clara superioridade, pero despois disto virían dous anos alonxado da competición. No 2007, os resultados de Rusia no Campionato Mundial foron os peores dende 1960, polo que, segundo se di na súa páxina oficial, Plyúshchenko, preocupado porque Rusia perdese o seu predominio, anunciou a súa intención de volver participar na tempada 2007-2008, para mante-lo nivel competitivo de Rusia ata que a nova xeración de patinadores tomase o relevo, pero este retorno non se produciu.
No 2009 casou por segunda vez coa produtora musical Yana Rudkovskaya, coa que traballa o cantante ruso Dima Bilan, co que Plyúshchenko colaborou cunha coreografía no Festival de Eurovisión celebrado no 2008, xunto co violinista húngaro Edvin Marton e o seu violín fabricado por Antonio Stradivari (Stradivarius é forma latinizada) ou por algún membro da súa familia, en 1697; Edvin Marton ten composto pezas para as coreografías do patinador. Na súa participación na Rostelecom Cup en Outubro deste ano 2009 e nos Campionatos de Rusia e de Europa do ano no que estamos, Plyúshchenko obtivo unhas vitorias nas que deixou bastante atrás o resto de patinadores, despois de prepararse a conciencia despois da súa lesión.
Nesta disciplina, a música ten un papel moi importante nas coreografías dos patinadores, e a selección das obras pode chegar a ser incriblemente variada, do que imos achegar uns poucos exemplos das pezas para as que preparou coreografías, entre as que están: Tosca de Puccini, Tango Flamenco, de Paco de Lucía, algunhas cancións de Michael Jackson, entre outras moitas. Xa para rematar, quérovos deixar aquí o video da súa coreografía do "Concierto de Aranjuez", de Joaquín Rodrigo. Que a desfrutedes.
Ser.
jueves, 4 de marzo de 2010
Luar na Lubre
Hoxe voltamos a A Coruña, concretamente ao ano 1986, para asistir á fundación do grupo folk Luar na Lubre. A súa proposta musical, centrada, como din eles mesmos, no predominio da cultura galega, aínda que tamén inclúen influencias que fagan mellora-lo proxecto sen afastalo do seu propósito orixinal. Malia que xa gravaran dous traballos en 1988 e 1990 respectivamente, o pulo do seu proxecto veu cando coñeceron a Mike Olfield en 1992 nun concerto en A Coruña, e desta colaboración xurdiu, posteriormente, a versión que o músico británico fixo de "O son do ar" e, en 1999, Mike Olfield convidounos a participar na xira que estaba facendo, co que se confirmaron como grupo revelación.
Aínda que o centro do seu proxecto musical é Galicia, outras músicas atopan oco nel, como é o caso da irlandesa, bretona, escocesa e portuguesa.
En canto aos seus compoñentes, daremos unha breve descrición, limitándonos, cunha excepción, aos instrumentos que toca cada un, pois non atopei información sobre a súa formación:
Bieito Romero: gaitas, acordeón e zanfoña.
Xulio Varela: bouzouki, voz e percusións.
Eduardo Coma: violín.
Patxi Bermúdez: bodhran, tambor e djimbek.
Pedro Valero: guitarra acústica.
Xavier Ferreiro: percusións latinas e efectos.
Xan Cerqueiro: frautas.
Sara Louraço Vidal: voz. A cantante lisboeta incorporouse ao grupo no 2005, despois da marcha de Rosa Cedrón. A súa primeira cantante foi Ana Espinosa.
Discografía:
O Son do Ar (1988).
Beira Atlántica (1990).
Ara Solis (1993).
Plenilunio (1997).
Cabo do Mundo (1999).
XV Aniversario (2001).
Espiral (2002).
Hai un paraíso (2004).
Saudade (2005).
Camiños da fin da terra (2007).
Ao Vivo (2009).
Para rematar, a inevitable canción, neste caso en forma de video, co tema "Memoria da Noite", do seu disco Hai un paraíso (2004). Espero que vos guste.
Ser.
jueves, 25 de febrero de 2010
Poetisas e maquillaxe.
Sempre vin difícil chegar a obter un termo medio ou equilabrado nas miñas emocións que xorden a miúdo como lume que arde no meu interior; mais para iso están os recursos que me socorren. Vexo nas pasións persoais de cada quen un motivo enriquecedor a nivel persoal e un incentivo para medrar; reconozo que disfruto moitísimo cando nas conversas cos meus, intercambiamos gustos tan dispares e de feito, este é un principio fundamental deste blog: somos xente con pasións ben diferentes e diversas e moitos de nós, incluso amigos. Aprender de alguén é un regalo a nivel persoal, que só che pode dar unha boa amizade.
Eu neste punto gosto de compaxinar frivolidade con emoción; sentirse ben por dentro é algo que irradia no exterior; emprego a maquillaxe e toda a cosmética que me apeteza levar. Non todo é tan vanal como se poida xuzgar nunha primeira ollada. Outro recurso que me enche por dentro é a poesía ou a música.
Unha mostra de aproximación sería o seguinte poema de Safo, poetisa de Lesbos que cultiva a poesía lírica eolia xunto a Alceo; escollo un poema de ela por crela creadora dunha obra atemporal:
"Inmortal Afrodita, la de trono pintado,
hija de Zeus, tejedora de engaños, te lo ruego:
no a mí, no me sometas a penas ni angustias
el ánimo, diosa.
Pero acude acá, si alguna vez en otro tiempo,
al escuchar de lejos de mi voz la llamada,
la has atendido y, dejando la áurea morada
paterna, viniste,
tras aprestar tu carro. Te conducían lindos
tus veloces gorriones sobre la tierra oscura.
Batiendo en raudo ritmo sus alas desde el cielo
cruzaron el éter,
y al instante llegaron. Y tú, oh feliz diosa,
mostrando tu sonrisa en el rostro inmortal,
me preguntabas qué de nuevo sufría y a qué
de nuevo te invocaba,
y qué con tanto empeño conseguir deseaba
en mi alocado corazón. "¿A quién, esta vez
voy a atraer, oh querida, a tu amor? ¿Quién ahora,
ay Safo, te agravia?
Pues si ahora te huye, pronto va a perseguirte;
si regalos no aceptaba, ahora va a darlos,
y si no te quería, en seguida va a amarte,
aunque ella resista."
Acúdeme también ahora, y líbrame ya
de mis terribles congojas, cúmpleme que logre
cuanto mi ánimo ansía, y sé en esta guerra
tú misma mi aliada.
Safo (600 a. C.)
Ange*Ç
lunes, 15 de febrero de 2010
Cherish the Ladies
Hoxe imos percorrer un camiño que nos vai ter indo e vindo dende EE.UU. a Irlanda, debido á procedencia das persoas que forman Cherish the Ladies. Este nome, tomado dunha xiga tradicional irlandesa, é moi axeitado para bautiza-la banda, pois está formada por seis mulleres. Os comezos da banda sitúanse en 1985 en New York, onde foron organizadas polo folclorista e músico irlandés Mick Moloney. Nestes anos comezaron facendo ciclos de concertos. Despois elas mesmas establéceronse como músicos e intérpretes, e foi neste momento cando gañaron moitos oíntes. Conseguiron recoñecemento por se-lo único grupo tradicional irlandés integramente feminino nunha escena dominada por grupos masculinos, segundo o propio Mick Moloney.
Vexamos agora un breve detalle sobre a biografía de cada unha das súas compoñentes e dos instrumentos que tocan:
I) Joanie Madden: frauta, whistles e voz: naceu no Bronx, en New York, pero os seus pais son irlandeses e ámbolos dous se dedican á música, pois súa nai é bailarina de danzas tradicionais e o pai acordeonista. Ademais do seu traballo como instrumentista e cantante, tamén é compositora e gravou tres discos en solitario.
II) Mary Coogan: guitarra, banjo e mandolina: neoiorquina como Joanie Madden e procedente dunha familia de músicos, Mary Coogan é unhas das fundadoras deste grupo. Cando contaba poucos anos, comezou a tocar porque escoitaba varios tipos de música acústica.
III) Roisín Dillon: fiddle: naceu e criouse en Belfast (Irlanda do Norte), pero trasladouse a EE. UU. Seu pai aprendeulle a toca-lo whistle con once anos pero, a partir dos quince anos, dedícase exclusivamente ao fiddle.
IV) Michelle Burke: voz: criouse no pobo de Ballynoe, nun fogar de músicos onde as baladas irlandesas e as cancións folk eran un membro máis da familia. Cando foi maior dabondo, comezou a cantar na banda de seu pai, que tocaba en vodas, bailes e festas.
V) Mirella Murray: acordeón piano: criouse en Claddaghduff, preto de Clifden, no oeste de Irlanda do Sur. Mary Finn foi quen lle ensinou a toca-lo acordeón piano. Aprendeu moito de Liz Kane, que toca o fiddle, durante unha serie de competicións. Posteriormente, os dous gañaron o primeiro premio de duetos de Irlanda en 1995.
VI) Kathleen Boyle: piano: a única compoñente do grupo que naceu en Escocia, concretamente en Glasgow. O seu amor pola música procede de seu pai, que tamén é un músico de talento. Ademais do piano, Kathleen Boyle toca tamén o acordeón.
En canto á súa música, os seus doce discos caracterízanse por conter tanto temas instrumentais como cancións.
Por último, a acostumbrada recomendación dunha peza do grupo, que se titula "The Anascul Polka": http://www.youtube.com/watch?v=aZAPKEEyGi8
Espero que vos guste.
Ser.
sábado, 13 de febrero de 2010
Colores Pastel.
Estos días temos por lugo un frío destes q tanto me gusta combatir con mil capas de roupa; combatir é traballo en van non obstante, cando inciden en nós esas raiolas de sol q tanto se agradecen, que semellan irradiar sorrisos plenos. Todo é cuestión de perspectiva pero velo todo iluminado sempre facilita dar os pequenos saltos diarios, sen necesidade de combatilos. A vida segue tendo para min, esa capacidade de sorprender que só vexo cando me deixo levar...
Ange.
jueves, 28 de enero de 2010
O Ego
A quen se lle poden negar as sombras? o noso dereito a non ser perfectos, debe estar aí; benvidos aqueles que logran o sublime nelgún eido da súa vida mais non todos aspiramos a tal cousa. Nin a comprensión de ninguén, nin a aprobación de "todo o mundo", nin o amor universal, tan só o respeto. E defínome como conservadora se iso leva a fomentar o amor dos meus; que son poucos e tampouco quero máis. Importantes como a auga son os que non me alagan, os que tan só nos espertan unha sonrisa cada mañá.
E quizáis porque me levantei co pé esquerdo esta mañá ou porque fai tempo que o tiña dentro e medrou, non o sei, o certo é que hoxe me sinto crítica coa crítica; velaquí un reflexo ben doado de atopar e ben sei que o contra ataque non leva a nada novo que non sexa frustración pero, a rebeldía e a contradicción, están en min.
Qué axiña xuzgamos a frivolidade, non é? Pero eu sempre dixen que hai vidas e vidas, momentos e momentos e non me nego a seguir repetíndoo. Alguén habrá que todo o tome con lixeireza por non poder afrontalo e iso, ten máis de profundo que a moita seriedade da que se afanan algúns. Convencida de que tras un burdel sempre hai unha historia da que podemos aprender, reivindico o dereito a frivolizar a vida cando nos sirva de vía de escape; sei que non todos poderán ler esto sen que lles semelle pura apariencia pero tamén esta é necesaria..ou non ?
Eu máis que xuzgalo quero abrilo a debate, por moi criticona que me espertase esta mañá...