
Agora marchamos ata Escocia para coñece-la banda folk Deaf Shepherd, que se formou en 1993. O proxecto musical deste grupo recolle tanto a tradición musical escocesa e irlandesa, da man do seu percusionista, que é escocés pero de pais irlandeses, como as composicións propias e tamén a música de artistas contemporáneos seus. En todo caso, a primeira impresión que un leva ó escoitalos é a de que son uns músicos que posúen, a partes iguais, unha técnica e expresividade moi elevadas.
A súa formación actual é a seguinte:
-Malcolm Stitt (bouzouki e voz, aínda que de neno empezou sendo gaiteiro), John Morran (voz e guitarra), Clare McLaughlin (fiddle e voz), Mark Maguire (percusión e voz), Jena e Finlay.
En canto á súa discografía, a banda ten ata o momento tres discos:
1º) Ae Spark o Nature's Fire (1995).
2º) Synergy (1997).
3º) Even in the rain (2002).
Unha peza deste grupo na que se percibe ben o seu estilo, e que vos quero recomendar desde aquí, é Ah, surely!
Ser