miércoles, 5 de agosto de 2009

Las notas musicales.

Casi todos lo sabemos ya, pero para curiosidad de algunos navegantes, este es el origen de la denominación de las notas musicales (según la costumbre española, que no observa A como La, etc.)
Ut queant laxis Para que puedan
Resonare fibris Con toda su voz
Mira gestorum Cantar tus maravillosas
Famuli tuorum Hazañas estos tus siervos,
Solve polluti Deshaz el reato de
Labii reatum Nuestros manchados labios,
Sancte Ioannes ¡Oh, bendito San Juan!
(traducción extraída de la Wikipedia: hasta los clásicos nos damos un descanso en verano) Es el principio de un himno a San Juan Bautista compuesto por Pablo el Diácono, en el Siglo VIII. Feliz verano! Eirene.

martes, 4 de agosto de 2009

Kepa Junkera

Despois desta viaxe polo norte, durante a cal a nosa compañeira Irene se nos foi coñece-lo país e aprende-la lingua de Goethe (herzlich willkommen!) e Ángela e Efra nos introduciron nunha das escolas máis importantes da pintura europea e no seu contexto histórico, eu non me saio do rego (de momento) e sigo coa música. Volvemos por un momento a España, concretamente a Bilbao, para darlle entrada a un novo instrumento: a trikitixa (nome que recibe o acordeón diatónico no País Vasco) da man do trikitilari (forma de denominar en vasco á persoa que a toca) Kepa Junkera, nacido en 1965. Aínda que a súa música ten unha poderosa base no folk vasco, atopámonos cun artista que non dubida en explorar novos camiños, como son a fusión de folk con jazz e folk-rock, entre outros moitos. Como poderá apreciar quen escoite discos como Bilbao 00:00 h, este músico do barrio de Rekalde sempre se acompaña dun considerable número de artistas das máis variadas procedencias, como, por dar uns poucos exemplos, Carlos Núñez, Dulce Pontes, Hedningarna, Voces Búlgaras, Hevia e Liam O'Flynn. Colaborou con The Chieftains no seu disco "Santiago", con Carlos Núñez en “A irmandade das Estrelas" e, como curiosidade, é profesor no Musikene (Conservatorio Superior de Música do País Vasco). Xa para rematar, gustaríame recomendarvos, como toma de contacto, dúas pezas: Arin-novo e, por outra banda, “ A irmandade das Estrelas”, na que fai unha colaboración que, na miña opinión, paga a pena escoitar. Ser