jueves, 4 de marzo de 2010

Luar na Lubre

Hoxe voltamos a A Coruña, concretamente ao ano 1986, para asistir á fundación do grupo folk Luar na Lubre. A súa proposta musical, centrada, como din eles mesmos, no predominio da cultura galega, aínda que tamén inclúen influencias que fagan mellora-lo proxecto sen afastalo do seu propósito orixinal. Malia que xa gravaran dous traballos en 1988 e 1990 respectivamente, o pulo do seu proxecto veu cando coñeceron a Mike Olfield en 1992 nun concerto en A Coruña, e desta colaboración xurdiu, posteriormente, a versión que o músico británico fixo de "O son do ar" e, en 1999, Mike Olfield convidounos a participar na xira que estaba facendo, co que se confirmaron como grupo revelación. Aínda que o centro do seu proxecto musical é Galicia, outras músicas atopan oco nel, como é o caso da irlandesa, bretona, escocesa e portuguesa. En canto aos seus compoñentes, daremos unha breve descrición, limitándonos, cunha excepción, aos instrumentos que toca cada un, pois non atopei información sobre a súa formación: Bieito Romero: gaitas, acordeón e zanfoña. Xulio Varela: bouzouki, voz e percusións. Eduardo Coma: violín. Patxi Bermúdez: bodhran, tambor e djimbek. Pedro Valero: guitarra acústica. Xavier Ferreiro: percusións latinas e efectos. Xan Cerqueiro: frautas. Sara Louraço Vidal: voz. A cantante lisboeta incorporouse ao grupo no 2005, despois da marcha de Rosa Cedrón. A súa primeira cantante foi Ana Espinosa. Discografía: O Son do Ar (1988). Beira Atlántica (1990). Ara Solis (1993). Plenilunio (1997). Cabo do Mundo (1999). XV Aniversario (2001). Espiral (2002). Hai un paraíso (2004). Saudade (2005). Camiños da fin da terra (2007). Ao Vivo (2009). Para rematar, a inevitable canción, neste caso en forma de video, co tema "Memoria da Noite", do seu disco Hai un paraíso (2004). Espero que vos guste. Ser.