lunes, 3 de octubre de 2011

jueves, 2 de diciembre de 2010

Davy Spillane

Despois de tantos meses de ausencia, por fin estamos de volta. Nesta viaxe de retorno acompañounos o gaiteiro e frautista irlandés Davy Spillane, que naceu en Dublín en 1951, no seo dunha familia sen tradición musical no que a música irlandesa se refire. Comezou a toca-la Uilleann Pipes (gaita irlandesa) e o tin whistle (frauta irlandesa de afinacións agudas) con doce anos, na escola. O primeiro grupo do que formou parte e do que foi membro fundador xunto cos músicos irlandeses Dónal Lunny e Christy Moore foi Moving Hearts. Despois da desaparición desta banda, Davy Spillane apareceu como músico de sesión en traballos de artistas como Van Morrison, Enya, Elvis Costello ou no disco Voyager de Mike Olfield. Tamén ten experiencia no campo da composición de bandas sonoras, como a da adaptación ao cinema da obra Wuthering Heights, de Emily Brontë. Despois disto, temos a formación da banda coa que gravaría a súa produción musical como solista, cuxos membros son: Davy Spillane: uilleann pipes e whistles. Anthony Drennan: guitarra. James Delaney: teclados. Tony Molloy: baixo. Paul Moran: batería e percusión. Xa para rematar, creo convinte salientar que Davy Spillane se caracteriza por un alto grao de virtuosismo musical, pero sobre todo por obter do seu instrumento un son altamente conmovedor. E, como non, o obrigado video. Espero que desfrutedes coas emocións que esperta esta peza. Ser. video

viernes, 18 de junio de 2010

Gracias a la vida...

Gracias a la vida que me ha dado tanto...eu estaba nunha cafetería estudiando historia e de repente, escoitei estos versos de Violeta Parra na radio; e no, non era a voz da recentemente falecida Mercedes Sosa. Agudicei o oído e distinguín a voz da inigualable Laura Pausini xunto con outras como as de Shakira ou Alejandro Sanz. O caso é que esta canción me trae tantos recordos...É bon sentirse en paz coa vida incluso cando mancou tanto. Escoitar esta canción de novo inda que noutros voces, tróuxeme á cabeza a importancia de ser feliz. Pra min non reside non tanto no coñecemento inda que tamén, senón máis no saber disfrutar e parar a recoller os anacos do que nos pasa a miúdo, desapercibido. As ganas de equivocarme marcaron en min o fito de coñecer a ferramenta pra disfrutar. e disfrutar de qué? Pois do que me vai traendo a vida pero maiormente, dos e cós meus. Por iso digo: Grazas á vida que, nos dará sempre tanto. Ange**

domingo, 13 de junio de 2010

Cristina Pato

Ourense, 1980: cidade e ano que viron nacer a Cristina Pato, a gaiteira e pianista galega que lle fixo cambiar a quen escribe estas liñas o seu concepto sobre o que significa subir a un escenario cunha gaita. As súas primeiras intervencións con este instrumento, xa dentro dunha agrupación, hainas que buscar na Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, dentro da cal participou na gravación de seis discos, un deles de solistas; a seguinte etapa da súa viaxe segue por terras ourensás co grupo folk Mutenrohi, no que xa amosaba un estilo de toca-la gaita moi semellante ao que nos ten acostumados hoxe en día, do que veremos unha mostra co inevitable video. Ademais de polo seu traballo como gaiteira, tanto solista como en colaboracións, tamén é recoñecida internacionalmente polo seu traballo como pianista: a súa experiencia con estes dous instrumentos levouna dende a súa Galicia natal ata importantes festivais da Música Celta como son o Interceltique de Lorient ou o Celtic Connections de Glasgow, pasando por Alemaña, Italia, México e a India, entre outros. Un punto que hai que destacar na súa carreira son as colaboracións con músicos da talla de The Chieftains ou o Silk Road Ensemble, unha agrupación que reúne instrumentistas de varios continentes, concretamente no disco "Off the Map" (2009). Como gaiteira solista gravou tres discos: "Tolemia" (1999), "Xilento" (2001) e "Misturados" (2007); no seu disco "The Galician Connection" (2010) combina as súas facetas de gaiteira e pianista. Por outra banda, colaborou como pianista en dúas gravacións: "Songs of Joy and Peace" (2008), do violonchelista francés de pais chineses Yo-Yo Ma, e en "From Russia to Brazil" (2006). Ademais disto, tamén sabe o que é o mundo das bandas sonoras de películas, pois é a compositora e intérprete da música da película "El Hombre de Arena", filme que se estreou no 2007. Por último, deixo aquí un video dunha actuación do grupo Mutenrohi. Espero que vos guste. Ser. video

jueves, 13 de mayo de 2010

Desprenderse.

E ti qué levarías na mochila? Aquilo que me fai brillar cando miro, o que sin ser pronunciado se sinte; metería os ollos que me fixeron crer outra vez e tamén un anaco de pan para o camiño. E que deixarías? A parte que foi, o que hai que deixar morrer para volver comezar; sen dramatismos e cerrando ciclos para salir a flote... As escollas ninguén dixo que foran sinxelas pero negar o que é, mustia a alma como o lirio que morreu en terras sombrías porque lle negaches a auga do caudal. E tanto se xa fixeches o petate como se non, é hora de botarse a andar e se cómpre de queimarse.

sábado, 24 de abril de 2010

O que non lle acontecera ao rapaz

Ese son, ese que oía no seu peito, ese era o que debía seguir. Ben o sabía. Xa llo dixeran os vellos que o rondaban que, o trabucarse non era delito grave se era por convicción. Ai, pero de iso non ía o conto...ao rapaz o que lle pasara era ben diferente: roía na codia do pan como o roían dentro del os pensamentos que, nin no sono o deixaban acougar. Deixara correlos días do calendario sen tomar partido cual auga que deixas correr. Ata collera un día direción A Coruña por compracer aos rapaces da vila que, o rapaz nunca gusto nisto vira...A Coruña?, a él o que lle ía era o carretera e manta tan típico a lugares máis exóticos para él como era o seu paraíso perdido, o val de Navia. Saíulle caro ao pobre rapaz da vila seguilos sendeiros do Señor e non os que lle marcaban ben dentro, o peito. Pasar non lle pasara nada malo na vida, poderíamos dicir ao velo que tivera incluso sorte; non lle pasara nada e ao mesmo tempo todo. Ange

jueves, 11 de marzo de 2010

Yevgeny Pliúshchenko

Cambio de disciplina, pero sen deixar de lado a música, como veremos, para ir ata Rusia sobre os patíns sobre xeo de Евгений Викторович Плющенко (Yevgény Víktorovich Plyúshchenko). Naceu en 1982 en Solnechny, na Unión Soviética. Comezou a patinar en Volgogrado cando tiña catro anos, e esa pista pechou cando tiña once, polo que marchou a San Petersburgo para adestrar con Alexey Mishin. En 1997 gañou a súa primeira competición mundial con catorce anos. Nas Olimpíadas de Inverno do 2002, Plyúshchenko e o seu rival e antigo compañeiro de adestramento Alexei Yagudin eran co-favoritos, e o primeiro posto foi para Yagudin por unha caída de Plyúshchenko. No período que vai entre os anos 2002 e 2006, o noso convidado nesta ocasión pasou unha época de luces e sombras, estas últimas no terreo profesional, pois no 2005, no Campionato do Mundo en Moscú, viuse obrigado a retirarse despois de executa-lo programa curto debido a unha lesión, co que xa non puido participar na final; tamén tivo algunha sombra no terreo persoal, pois neste mesmo ano casou con Maria Ermak, coa que tivo un fillo, pero divorciáronse tres anos despois. No ano seguinte foi campión olímpico en Turín amosando unha clara superioridade, pero despois disto virían dous anos alonxado da competición. No 2007, os resultados de Rusia no Campionato Mundial foron os peores dende 1960, polo que, segundo se di na súa páxina oficial, Plyúshchenko, preocupado porque Rusia perdese o seu predominio, anunciou a súa intención de volver participar na tempada 2007-2008, para mante-lo nivel competitivo de Rusia ata que a nova xeración de patinadores tomase o relevo, pero este retorno non se produciu. No 2009 casou por segunda vez coa produtora musical Yana Rudkovskaya, coa que traballa o cantante ruso Dima Bilan, co que Plyúshchenko colaborou cunha coreografía no Festival de Eurovisión celebrado no 2008, xunto co violinista húngaro Edvin Marton e o seu violín fabricado por Antonio Stradivari (Stradivarius é forma latinizada) ou por algún membro da súa familia, en 1697; Edvin Marton ten composto pezas para as coreografías do patinador. Na súa participación na Rostelecom Cup en Outubro deste ano 2009 e nos Campionatos de Rusia e de Europa do ano no que estamos, Plyúshchenko obtivo unhas vitorias nas que deixou bastante atrás o resto de patinadores, despois de prepararse a conciencia despois da súa lesión. Nesta disciplina, a música ten un papel moi importante nas coreografías dos patinadores, e a selección das obras pode chegar a ser incriblemente variada, do que imos achegar uns poucos exemplos das pezas para as que preparou coreografías, entre as que están: Tosca de Puccini, Tango Flamenco, de Paco de Lucía, algunhas cancións de Michael Jackson, entre outras moitas. Xa para rematar, quérovos deixar aquí o video da súa coreografía do "Concierto de Aranjuez", de Joaquín Rodrigo. Que a desfrutedes. Ser. video