jueves, 13 de mayo de 2010

Desprenderse.

E ti qué levarías na mochila? Aquilo que me fai brillar cando miro, o que sin ser pronunciado se sinte; metería os ollos que me fixeron crer outra vez e tamén un anaco de pan para o camiño. E que deixarías? A parte que foi, o que hai que deixar morrer para volver comezar; sen dramatismos e cerrando ciclos para salir a flote... As escollas ninguén dixo que foran sinxelas pero negar o que é, mustia a alma como o lirio que morreu en terras sombrías porque lle negaches a auga do caudal. E tanto se xa fixeches o petate como se non, é hora de botarse a andar e se cómpre de queimarse.

5 comentarios:

Sergio dijo...

Moitas, moitísimas veces, ata é posible que algunha xente a diario, sentímo-lo duro que é acepta-la verdade, tanto o que pode ser como o que se sabe que é imposible pero, malia iso, é unha das probas máis duras, das que escapamos por medo ás queimaduras. Para ilo superando, fai falta paciencia e forza de vontade, por suposto, pero, cando se necesita, a auga máis pura flúe a carón nosa para axudarnos a calma-la dor das queimaduras, algo que é de agradecer, pois nunca se sabe cando o que arde vai ter que aproveitar ese lume para darlle calor á auga. Graciñas por compartir isto.
Noraboa. Bkñs.

Gela dijo...

Grazas Ser polo teu comentario que, vexo que o texto este saliume ambivalente. Bikiños****

Sergio dijo...

Non se merecen. Despois de todo, se só houbese unha forma de entende-las cousas, sería todo moi monótono e aburrido e o nivel de enriquecemento persoal sería baixo, por non dicir nulo, ¿non cres? Bikiños.

Sandra López dijo...

Petate... decidirse... andar...
Sempre nos quedará esperar o lume ou a gloria.
Fixéchesme pensar bastante con ese relatiño... veremos que conclusións saen :)!

Gela dijo...

Pois si, cada mente é un mundo que din, non? e de aí veñen as interpretacións a raudais; o que pasa é que eu escribindo son normalmente explícita que me din e, por iso me alegro ter conseguido non evidenciar...Bueno, o meu de escribir é porque así fago algo con forma do que me pasa, non máis pero se conseguin que pensases detidamente sobre o que sexa, Sandri, por enriba con unha utilidade, alégrome:)

Publicar un comentario