jueves, 28 de enero de 2010

O Ego

A quen se lle poden negar as sombras? o noso dereito a non ser perfectos, debe estar aí; benvidos aqueles que logran o sublime nelgún eido da súa vida mais non todos aspiramos a tal cousa. Nin a comprensión de ninguén, nin a aprobación de "todo o mundo", nin o amor universal, tan só o respeto. E defínome como conservadora se iso leva a fomentar o amor dos meus; que son poucos e tampouco quero máis. Importantes como a auga son os que non me alagan, os que tan só nos espertan unha sonrisa cada mañá.
E quizáis porque me levantei co pé esquerdo esta mañá ou porque fai tempo que o tiña dentro e medrou, non o sei, o certo é que hoxe me sinto crítica coa crítica; velaquí un reflexo ben doado de atopar e ben sei que o contra ataque non leva a nada novo que non sexa frustración pero, a rebeldía e a contradicción, están en min.
Qué axiña xuzgamos a frivolidade, non é? Pero eu sempre dixen que hai vidas e vidas, momentos e momentos e non me nego a seguir repetíndoo. Alguén habrá que todo o tome con lixeireza por non poder afrontalo e iso, ten máis de profundo que a moita seriedade da que se afanan algúns. Convencida de que tras un burdel sempre hai unha historia da que podemos aprender, reivindico o dereito a frivolizar a vida cando nos sirva de vía de escape; sei que non todos poderán ler esto sen que lles semelle pura apariencia pero tamén esta é necesaria..ou non ?
Eu máis que xuzgalo quero abrilo a debate, por moi criticona que me espertase esta mañá...