viernes, 18 de junio de 2010

Gracias a la vida...

Gracias a la vida que me ha dado tanto...eu estaba nunha cafetería estudiando historia e de repente, escoitei estos versos de Violeta Parra na radio; e no, non era a voz da recentemente falecida Mercedes Sosa. Agudicei o oído e distinguín a voz da inigualable Laura Pausini xunto con outras como as de Shakira ou Alejandro Sanz. O caso é que esta canción me trae tantos recordos...É bon sentirse en paz coa vida incluso cando mancou tanto. Escoitar esta canción de novo inda que noutros voces, tróuxeme á cabeza a importancia de ser feliz. Pra min non reside non tanto no coñecemento inda que tamén, senón máis no saber disfrutar e parar a recoller os anacos do que nos pasa a miúdo, desapercibido. As ganas de equivocarme marcaron en min o fito de coñecer a ferramenta pra disfrutar. e disfrutar de qué? Pois do que me vai traendo a vida pero maiormente, dos e cós meus. Por iso digo: Grazas á vida que, nos dará sempre tanto. Ange**

domingo, 13 de junio de 2010

Cristina Pato

Ourense, 1980: cidade e ano que viron nacer a Cristina Pato, a gaiteira e pianista galega que lle fixo cambiar a quen escribe estas liñas o seu concepto sobre o que significa subir a un escenario cunha gaita. As súas primeiras intervencións con este instrumento, xa dentro dunha agrupación, hainas que buscar na Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, dentro da cal participou na gravación de seis discos, un deles de solistas; a seguinte etapa da súa viaxe segue por terras ourensás co grupo folk Mutenrohi, no que xa amosaba un estilo de toca-la gaita moi semellante ao que nos ten acostumados hoxe en día, do que veremos unha mostra co inevitable video. Ademais de polo seu traballo como gaiteira, tanto solista como en colaboracións, tamén é recoñecida internacionalmente polo seu traballo como pianista: a súa experiencia con estes dous instrumentos levouna dende a súa Galicia natal ata importantes festivais da Música Celta como son o Interceltique de Lorient ou o Celtic Connections de Glasgow, pasando por Alemaña, Italia, México e a India, entre outros. Un punto que hai que destacar na súa carreira son as colaboracións con músicos da talla de The Chieftains ou o Silk Road Ensemble, unha agrupación que reúne instrumentistas de varios continentes, concretamente no disco "Off the Map" (2009). Como gaiteira solista gravou tres discos: "Tolemia" (1999), "Xilento" (2001) e "Misturados" (2007); no seu disco "The Galician Connection" (2010) combina as súas facetas de gaiteira e pianista. Por outra banda, colaborou como pianista en dúas gravacións: "Songs of Joy and Peace" (2008), do violonchelista francés de pais chineses Yo-Yo Ma, e en "From Russia to Brazil" (2006). Ademais disto, tamén sabe o que é o mundo das bandas sonoras de películas, pois é a compositora e intérprete da música da película "El Hombre de Arena", filme que se estreou no 2007. Por último, deixo aquí un video dunha actuación do grupo Mutenrohi. Espero que vos guste. Ser.