viernes, 18 de junio de 2010

Gracias a la vida...

Gracias a la vida que me ha dado tanto...eu estaba nunha cafetería estudiando historia e de repente, escoitei estos versos de Violeta Parra na radio; e no, non era a voz da recentemente falecida Mercedes Sosa. Agudicei o oído e distinguín a voz da inigualable Laura Pausini xunto con outras como as de Shakira ou Alejandro Sanz. O caso é que esta canción me trae tantos recordos...É bon sentirse en paz coa vida incluso cando mancou tanto. Escoitar esta canción de novo inda que noutros voces, tróuxeme á cabeza a importancia de ser feliz. Pra min non reside non tanto no coñecemento inda que tamén, senón máis no saber disfrutar e parar a recoller os anacos do que nos pasa a miúdo, desapercibido. As ganas de equivocarme marcaron en min o fito de coñecer a ferramenta pra disfrutar. e disfrutar de qué? Pois do que me vai traendo a vida pero maiormente, dos e cós meus. Por iso digo: Grazas á vida que, nos dará sempre tanto. Ange**

1 comentario:

Sergio dijo...

Ao comezo non era quen de comprende-la idea que expresas aquí, pero co tempo un dáse conta de que admiti-la posibilidade, mellor dito, a realidade das equivocacións é a chave para ver o que estas che ensinan e do que trae consigo a vida coa familia e os amigos. Gran entrada. Un bico.

Publicar un comentario